Gañador de dous Premios Nacionais (Historia e SocioloxÃa) en 1936. Represaliado no franquismo. Profesor en diferentes universidades en Arxentinca, colaborador de Seoane e do exilio galego en Sudamérica e autor da monumental Los gallegos en Argentina. Malia á indiscutible importancia do seu traballo, a figura de Alberto Vilanova estivo ata o de agora no esquecemento. A coincidir co centenario do seu nacemento, a familia deste galeguista iniciou un proceso de recuperación que inclúe a publicación en liña de boa parte das súas obras.
Un web con información biográfica, artigos, fotografÃas, textos sobre o autor e, en breve, vÃdeos dun primeiro encontro sobre a súa figura e un audio coa súa propia voz. Esta é a aposta que está a realizar parte da familia de Alberto Vilanova para recuperar e dar a coñecer o seu legado.
Segundo explica Nate Borrajo, unha das responsables do web dedicada á memoria de Vilanova, apunta que “malia a que os seus fondos están na biblioteca da Deputación de Ourense, é practicamente descoñecido na cidade. Ten unha rúa no Carballiño pero porque o alcalde coñeceu a súa figura durante unha viaxe a Arxentina”. De feito, na actualidade é practicamente imposible conseguir algunha das obras deste autor. “Está todo sen reeditar. GustarÃanos que se puidese facer, aÃnda que fose en formato dixital, unha nova edición de Los gallegos en argentina, cun Ãndice onomástico. Ou a súa Vida y obra de Manuel Curros EnrÃquez que é unha obra impresionante”, lembra Borrajo.
Entre os proxectos de cara ao futuro, os responsables desta iniciativa queren impulsar que se lle dedique unha rúa a Vilanova. Tamén se baralla a posibilidade de organizar unha xuntanza dos antigos alumnos do historiador, e a medio prazo “estamos a contactar coa Universidade de BahÃa Blanca, onde deixou unha grande achega de libros e de material. GustarÃanos que a Universidade de Vigo se implicase neste proxecto e buscar algún tipo de colaboración”. Polo de agora, Jesús de Juana, catedrático de Historia Contemporánea nesta entidade sinalou o seu interese en promover a investigación de Vilanova. “AÃnda non conseguimos recuperar os textos cos que gañou os Premios Nacionais, pero hai moitÃsimo material del, logo de dez anos da súa morte, a bibliotecaria que cataloga o seu legado segue a atopar recortes e cousas novas sobre todo tipo de temas. Gardábao todo, e pensamos que poden aparecer aÃnda moitas máis cousas”. De certo, a figura de Vilanova ten moitas posibilidades de comezar a abandonar o esquecemento con propostas como estas.