É, canda aos Ancares, a proposta galega que leva máis tempo agardar para ser candidata a Patrimonio da Humanidade. Agora, o presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, anunciou que este organismo apostará decididamente nesta lexislatura para que a UNESCO tome en consideración o espazo. A multitude de monumentos e a importancia paisaxÃstica da Ribeira deu en que estea desde hai anos na lista de saÃda para que o Consello do Patrimonio Histórico Español lla presente ao organismo internacional. No entanto, a proposta foi relegada fronte a outras máis recentes como a Torre de Hércules.
O traballo pendente pasa por ampliar a documentación a lle remitir á UNESCO e delimitar as caracterÃsticas e valores do ben, e nese sentido enmárcanse as investigacións do Grupo de Estudos sobre Patrimonio da USC encol San Estevo de Ribas de Sil e o de Santa MarÃa de Montederramo. O proceso promete aÃnda ser demorado, xa que neste último ano a única proposta galega que foi apoiada o Consello do Patrimonio Histórico Español foi a ampliación do recoñecemento que xa ten o Camiño de Santiago ás rutas primitivas do mesmo.