Que ve a Catedral de Santiago?

O Encontro de Literatura de Viaxes organiza un maratón fotográfico diferente

23/6/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Fotografía
Compartir:

"Se che pillo....". Gañadora da categoría Adultos. Foto: Amparo Portabales

A Catedral de Santiago de Compostela leva 800 anos vendo chegar a xentes de todo o mundo. O Encontro de Literatura de Viaxes (LITVI) celebrado nestas últimas dúas semanas na cidade mantivo, entre as súas actividades, un maratón fotográfico que o xoves pasado deulle a volta á tortilla. Se os peregrinos e turistas fotografían a Catedral, a pregunta é: "Que fotografiaría a Catedral deles?". Segundo a coordinadora do Maratón, Soledad Felloza, "propuxemos aos participantes que imaxinaran que cada pedra da Catedral fora un ollo". Na galería fotográfica podemos ver aos gañadores e unha explicación de por que foron merecentes do galardón.

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Catedral, Catedral de Santiago, Literatura, Soledad Felloza...