O Ministerio de Cultura non pon data ás obras de San Francisco

Os traballos no futuro complexo cultural de Ourense ían comezar este verán

Unha década de atrasos que aínda non remataron. O proxecto de recuperación do mosteiro de San Francisco, en Ourense, para facer nel unha biblioteca e mais outros espazos culturais, non ten data para comezar as súas obras. A ministra de Cultura, Ángeles González-Sinde, evitou dar ata onte para o inicio dos traballos na súa resposta a unha interpelación do senador do BNG Xosé Manuel Pérez Bouza. As previsións a comezos deste ano era que os traballos, orzamentados nuns 15 millóns de euros, arrincasen este verán. Ademais, segundo recolle La Región, a ministra tampouco adiantou a contía da partida orzamentaria que se destinará a estes traballos o vindeiro ano.