Poemas escritos a man facendo formas, con tinta de cores. Máquinas de escribir que son ao tempo textos. Libros furados con lámpadas dentro. Sonetos feitos exclusivamente de topónimos, e esdrúxulos por engadidura. Para alén da súa traxectoria poética máis convencional, Xosé María Álvarez Cáccamo é un dos escasos autores do noso país que aposta pola creación obxectual e caligráfica como un xeito de expresión.
Desde moi pequeno sentín atracción por diferentes manifestacións das artes visuais. Desde sempre fixen maquetas ou máquinas inventadas por min, pero non lle daba trascendencia. A finais dos 80 comecei a tomalo máis a serio, sobre todo a manufactura de obxectos. A aposta de Cáccamo por este tipo de creacións insírese nunha tradición poética que arrinca xa co surrealismo e o dadaísmo. Cando coñecín o traballo de Joan Brossa neste sentido sentinme moi motivado. Eu daquela chamáballes obxectos construídos, pero funme abeirando ao que se pode chamar poema obxectual. O poeta recoñece a dificultade de separar este concepto da escultura. Non penso que o saiban realmente nin os críticos. No meu caso polo menos, os poemas visuais inclúen texto ou algunha referencia textual ou literaria, como pode ser empregar máquinas de escribir ou mesmo só os teclados separados da máquina. Nalgúns casos teñen un valor visual por si, pero outros cómpre lelos ou interpretalos. Pola contra, para min os obxectos construídos están un pouco máis na liña da escultura, explica este autor.
Con boa letra
Canda ao traballo con obxectos, Cáccamo traballa tamén a poesía visual ou caligráfica. Obras como Manuscritos do ar ou a mais recente Cántico de topónimos esdrúxulos amosan versos manuscritos nos que as palabras collen diferentes cores e formas para expresar as ideas do autor. Gústame o acto físico de escribir a man, teño toda unha afección emprego da letra manual e sempre traballei con letrismos e este tipo de cousas, lembra o autor. Este tipo de composicións entrou con forza na poesía occidental cos caligramas de Apollinaire, que compuñan figuras mediante as letras. No entanto, o traballo de Cáccamo non aposta por recrear formas concretas. A seguir ese diálogo entre pintura e texto, penso que pode entrar nel tamén a pintura abstracta, e entón no meu caso a apariencia externa das letras non é figurativa, pero non deixa de haber unha referencia pictórica mediante o emprego de formas abstractas. En realidade o poema caligráfico e o caligrama son dous produtos moi próximos.
Escribir topónimos
Presentación de Cántico de Topónimos Esdrúxulos
A dar aínda unha reviravolta a esta liña, Cántico de topónimos esdrúxulos, que é o último traballo deste poeta, combina a caligrafía cun curioso material. Tal e como o seu propio título indica, todos os textos que se atopan no volume están compostos por nomes de lugar acentuados na antepenúltima sílaba. Todo comezou porque me chamou moito a atención o nome Córgomo, cos seus tres os e mais a acentuación. Entón comecei a coleccionar topónimos esdrúxulos e funos artellando en forma de poemas. Hai un soneto e un romance, coas súas rimas e que mesmo forman acrósticos, e fórmulas tomadas da tardición galega, con leixaprén e outros mecanismos. Todos compostos empregando os algo máis de cen nomes que recolleu Álvarez Cáccamo. Non está a microtoponimia porque sería algo interminable. A verdade é que se trata dun labor traballoso, empreguei unhas pautas que me facilitaron a composición e o ritmo combinando nomes de diferente lonxitude. A nivel de caligrafía, no caso do Cántico emprego letra coidada e moi amoreada, creando figuras moi compactas que actúan como ilustracións cos mesmos topónimos que forman os poemas do libro. O resultado, cando menos sorprendente está, para este autor próximo da abstracción poética. Para moita xente só teñen un significado musical, como poderían telo palabras inventadas, de feito recitándoos pode haber quen pense que non se trata de palabras galegas. No entanto, cada topónimo remite a un referente lugar que ten un significado fondo para quen habita alí, de xeito que cada poema ten moitos sentidos.
Outros creadores
A nivel galego, non son moi comúns apostas creativas como as que fai Álvarez Cáccamo, aínda que existe unha certa tradición a nivel de poesía na que o texto compón figuras con autores como Manuel Antonio ou de interese polo poema caligráfico con exemplos destacados como Uxío Novoneyra. No entanto, Álvarez Cáccamo salienta que si coñece creadores que na actualidade exploran vías semellantes, aínda que en moitos casos non se coñecen de xeito público. Coñezo a xente que se dedica a isto, non moitos en Galicia, poida que sexamos 10 ou 12, con autores como Xavier Seoane, Claudio Rodríguez Fer, Elvira Riveiro ou Baldo Ramos, pero hai máis xente do que se pensa, e na rede van aparecendo cousas. A propia dificultade para publicar de xeito masivo este tipo de traballos afasta en boa medida estas creacións da edición convencional. Un superior custe dos facsímiles de textos caligráficos ou directamente a imposibilidade de facer grandes tiraxes do que son auténticas esculturas fan que só se poidan atopar en tiraxes pequenas e coidadas como as que realiza a editorial Bourel, ou que haxa que asistir a exposicións para coñecer este tipo de creacións. É unha arte moito máis minoritaria do que a poesía discursiva, e é tamén normal que nun territorio onde falta aínda normalización cultural non se lle preste demasiada atención a propostas menos convencionais. Eu mesmo teño poesía na liña do letrismo, combinando letras de imprenta, ou feita con imaxes e lenzo, pero non a teño publicado.
A difusión
Malia ao problema que pode supor a difusión masiva deste material, non cabe dúbida das súas posibilidades para achegar á poesía novos lectores. É unha vía de acceso para xente á que lle gustan as artes visuais e mais a poesía, pode ser unha ponte. Exposicións como a que o propio Cáccamo ten realizado deste material amosan o atractivo de propostas como estas. Os interesados en coñecer de primeira man os seus traballos terán ocasión na Biblioteca Central da Universidade de Vigo o vindeiro outono. A maiores, o autor adianta que segue a traballar nesta liña. Ultimamente estou a experimenta coa colaxe con letras. Quero incorporar textos relativos á actualidade política mundial, evitando o panfleto pero incorporando o momento complicado e tamén ilusionante que vivimos.

Os poemas visuais de Cáccamo
Cántico de topónimos esdrúxulos