Futuro imperfecto, de Xulia Alonso e mais Os Celtas. Unha revisión desde Galicia, de Francisco Calo Lourido, foron as mellores obras editadas nos últimos doce meses en literatura e investigación, respectivamente, segundo os organizadores do premio Antón Losada Diéguez. Os dous autores recollÃan o pasado venres cadanseu galardón nun acto presidido polo conselleiro de Cultura, que asinou un convenio cos responsables da Fundación Antón Losada Diéguez para apoiar o traballo este entidade, que xa leva convocadas vinte e seis edicións do seu certame.