
No verán, os diferentes espazos da cidade son escenarios axeitados para facer deporte, roteiros, mirar cara o ceo ou ver cinema nas rúas. AÃnda que cada axente cultural, busca chiscarlle o ollo ao seu público obxectivo, as orientacións son máis ben familiares.
Dos concellos ás fundacións, pasando por outros exentes
A Fundación Barrié aproveita dúas das exposicións que ten en marcha nas súas sedes (Ricard Terré. Obras Maestras, en Vigo, y La morada del hombre. FotografÃas de la Colección Martin Z. Margulies, en A Coruña) para presentar un programa titulado Verán fotográfico. Baixo este tÃtulo hai un conxunto de actividades didácticas gratuitas para todos os públicos que inclúen campamentos semanais durante todo o verán, visitas guiadas abertas a grupos e a público en xeral. Non precisa de inscrición previa.
Ata o 24 de xuño está aberto o prazo para apuntarse na Nanonasa, un orixinal campamento no que poderán construÃr instrumentos musicais, crear pelÃculas ou facer rosquillas, filloas ou outros aperitivos. Destinado a nenos de ata 11 anos poderán tamén realizar a visita a O fogar do meu burro de la Fundación Ecomaia, creado para ofrecer actividades medioambientais e terapias asistidas con asnos para persoas con necesidades especiais.
O concello de Santiago renova unha vez máis o seu programa Vive o verán para promover 85 actividades ao aire libre destinadas a público de todas as idades. Prazas, rúas, parques, centros socioculturais e centros de interpretación ambiental serán os escenarios destas actividades de aprendizaxe, deporte, cultura e lecer. Taichi, danza Bollywood, visitas guiadas por espazos naturais son algunhas das propostas preparadas para combater a calor. O de Lugo, acaba de por en marcha unha nova edición do seu programa de educación viaria para rapaces. Un proxecto que cumpre catorce edicións e que ensina a nenos de entre 8 e 16 anos a andar en kart, bicicleta e ciclomotor.
Outra entdidade que acaba de abrir a reserva de praza das súas actividades é o Museo de Belas Artes da Coruña, que nesta presenta unha actividade de verán para explorar as obras do Museo e promover a creatividade e a experimentaciónplástica. Liñas, formas e cor con pincel conforman a programación deste obradoiro que se desenvolve no mes de xullo.
A oferta universitaria
Non podÃa faltar a programación tradicional para universitarios (e público en xeral) das tres universidades. Preto dun centenar de cursos espallados por toda a xeografÃa e no que hai propostas de diferente calado. Por exemplo, no museo de Lugo desenvólvese A Arte Galega que preténdese dar unha visión da arte galega (dende o PaleolÃtico ata os tempos actuais) con especial incidencia nas manifestacións artÃsticas existentes en Lugo e, máis concretamente, no Museo Provincial de Lugo. Nesta edición o curso dedÃcase á arte de finais do século XIX e primeiro terzo do XX en todas as súas manifestacións: pintura, escultura, arquitectura, enxeñerÃa, artes menores (praterÃa), sen esquecerse tampouco das manifestacións da arte popular representada polos cruceiros. En Lugo, a USC tamén organiza outro programa que pretende analizar en clave galega unha efeméride, como é o ano internacional dos bosques (do 19 ao 22 de xullo). En Guitiriz, diferentes expertos e estudosos abordarán o roteiro da auga nesta zona (18-19 de xullo); no Courel estudarán o patrimonio desta zona (do 5 ao 7 de setembro) e en VilagarcÃa as particularidades da camelia (15 e 16 de setembro).
Pola súa banda, a Universidade da Coruña conta con propostas tamén moi variopintas para os seus universitarios. Na programación deste verán hai espazo para o cinema. Baixo o titulo “Escritas Cinematográficas entre a Experimentación e a Industria” diferentes expertos tratarán de achegarse ás escritas de cineastas e ver como manteñen un complexo equilibrio entre o cinema de "autor", a experimentación e a súa inserción nunha industria cinematográfica moi conservadora. David Lynch, Atom Egoyan, Richard Linklater, Gus van Sant, Takeshi Kitano ou Jaime Rosales son algúns dos casos que se estudarán neste curso. A literatura de Manuel Rivas (do 11 ao 15 de xullo), a xestión do talento universitario (do 11 ao 13 de xullo), máis as vivenda e os espazos de relación nos núcleos tradicionais de Galicia (do 4 ao 8 de xullo) son algunhas das propostas desta universidade.