Henrique Monteagudo, Xosé Manuel Salgado, Manuel Forcadela e Teresa López xuntaranse mañá (xoves 16 de xuño, ás 19:00 horas) no salón de actos do Consello da Cultura Galega (CCG) para falar sobre a obra poetica de Álvaro Cunqueiro. É o terceiro dos once faladoiros organizados no marco do Centenario Cunqueiro co que o CCG quere homenaxear ao escritor mindoniense. . Mondoñedo, Ortigueira, A Coruña, Barcelona, Pontevedra, Ferrol e Vigo acollerán as vindeiras citas destinadas a enfocar outras facetas do escritor.