Onte a Fundación Manuel MarÃa asinaba as escrituras polas que se fai propietaria da casa natal do escritor, o que permitirá o comezo das obras para a transformar nun centro cultural. Segundo Alberte Ansede, secretario da Fundación, en setembro comezarán as obras de remodelación das antigas cortes que acollerán a biblioteca do centro. Para comezos de 2012 está previsto que comecen os traballos no resto do edificio, con vistas a abrilo para finais dese ano. A Fundación investiu 350.000 euros na adquisición da casa e da finca anexa e chegará 250.000 máis nas obras. A Deputación de Lugo, con 175.000 euros e mais a da Coruña, con 150.000 foron os principais soportes económicos para a adquisición, que contou tamén co apoio de particulares. Para cubrir os custos das obras, a Fundación conta con 100.000 euros da Deputación de Lugo e con achegas de 18 concellos do paÃs, e agarda que a ConsellarÃa de Cultura concrete o seu investimento no proxecto, segundo adianta hoxe El Progreso