A Illa de San Simón acolleu o pasado sábado, como xa é tradicional, o acto de concesión dos premios Xerais 2011. Xavier Queipo, coa obra Extramunde foi o gañador do Premio Xerais de Novela, dotado con 25.000 euros, na súa XXVIII edición. Pola súa banda, Héctor Carré impúxose, con Febre, na V edición do Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil, dotado con 10.000 euros. Finalmente, foi Anxo Fariña o que levou outros 10.000 euros ao gañar a XXVI edición do Premio MerlÃn de Literatura Infantil con A chave da Atlántida. Os tres autores comentan para nós as súas obras.
O acto de entrega dos Xerais contou con MarÃa Xosé Queizán como mantedora literaria. A escritora realizou unha intervención na que reinvidicou a figura das trobairitz, autoras da lÃrica medieval occitana, e reivindicou o papel das mulleres na literatura galega actual.
Canda a ela, interviu no evento Manuel Bragado, director de Edicións Xerais, mentres O Leo i Arremecaghona achegou a ambientación musical ao evento.
Extramunde
O xurado do Premio Xerais de Novela estivo composto nesta edición por Francisco Pérez Lorenzo (xornalista), Pemón Bouzas (escritor e xornalista), Paula Gómez del Valle (fotógrafa e profesora), Jorge da Cunha (notario), Berta Dávila (escritora) e Fran Alonso (secretario do xurado). Segundo apuntaron no seu ditame sobre a obra de Xavier Queipo «unha hoste de condenados pola Santa Inquisición, formada por eivados e torturados, parte do santuario dos embruxados cara ao porto de Betanzos, guiados pola man do Capitán Mourelle. AlÃ, outra man, a de ferro do Capitán Lourenzo de Sousa, tomará o relevo para conducilos, a través dunha viaxe transoceánica, nunha goleta que ten como misión abandonar os condenados á súa sorte na selva de Guiana. Esa viaxe, a propia viaxe é, indubidablemente, a protagonista da novela.» Os responsables da selección salientaron que a obra está «escrita cun pulso narrativo vibrante, de gran intensidade", e destaca na mesma "un arranque espectacular e unha enorme plasticidade".
Febre
A novela coa que Héctor Carré gañou o Vª Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura xuvenil ambiéntase na comarca de Noia durante a época da febre do wolframio. Segundo explica a editora, "Os mineiros furtivos, homes e mulleres da comarca do Barbanza, xuntábanse na montaña para ir sacando gramo a gramo este preciado metal que despois, a través de intermediarios, serÃa vendido aos alemáns e tamén aos ingleses". A aparición na mina de Carmucha, unha "unha moza de 17 anos, de familia acomodada, cun carácter forte e rebelde" e a súa implicación no tráfico de mineral, con vistas construÃr unha escola para as prostitutas dunha barriada de Noia, é a base dunha trama que, segundo apunta o seu propio autor, ten moitos elementos propios do western.
A chave da Atlántida
Anxo Fariña, coñecido autor da serie Os megatoxos, impúxose na edición deste ano do Premio MerlÃn cunha obra na que se mestura o mito da Atlántida, as Illas CÃes e a robótica. A-Cero, primeiro ser humano artificial baseado no silicio, protagoniza a busca do continente perdido ao fuxir dos laboratorios onde foi creado.