A Sala Nasa convoca a tripulantes, veciños e público a redefinir o seu modelo cultural

A primeira das xuntanzas terá lugar o sábado 11 a partir das 11:00 horas

10/6/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: sociedadepoliticas culturais
17 lecturas | Compartido 0 veces
Sábado once de xuño, once da mañá. Esta é a hora á que están convocados público, veciños e tripulantes da Sala Nasa para comezar a definir o modelo cultural desta emblemática sala. Logo da presentación dun informe da situación a cargo de Xesús Ron, o voceiro da sala, abrirase o tempo da reflexión destinado a dous obxectivos. Dunha banda, a definición do modelo cultural e artístico que ha de asumir a sala e, da outra, intentar dilucidar o modelo de organización e posibilidades de intervención nas políticas culturais da cidade. A sala convocará a axentes culturais e medios de comunicación para unha segunda xuntanza que terá lugar o vindeiro sábado 18.
Ligazóns externas

Universo culturagalega.gal

13/08/2009

Dosier: Sala Nasa

A Sala Nasa legaliza a súa situación administrativa para continuar coa súa actividade

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
Claves temáticas
Protagonistas
Entidades