Vaca Films estrea Secuestrados en Estados Unidos, Xapón e Rusia

18 comidas estará presente no Spanish Fim Screenings

10/6/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: audiovisual
20 lecturas | Compartido 0 veces

Naceu co obxectivo de facilitar a promoción e as vendas do cinema español no estranxeiro. Cun recorte orzamentario do 35% pretenden exhibir 45 filmes españoles nos visionados (cen títulos máis na plataforma dixital Veospain) diante de 75 compañías internacionais. Esta edición de Madrid de Cine-Spanish Film Screenings contará coa presenza da produción galega 18 comidas. Quen xa ten acordada a súa presenza nas pantallas de numerosos países é Secuestrados que logo de chegar a Turquía esta fin de semana e ocupar o posto número 5 das películas máis vistas da semana en Hong Kong, proxectarse nos cinemas de Estados Unidos , Rusia (200 copias), Xapón (10 copias) e outros cincuenta países.


Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Rusia, Estados Unidos, Xapón...