O Centro Social Novacaixagalicia acollía esta mañá a presentación do Plan Estratéxico 2011-2013 do Clúster TIC Galicia. O Clúster, nado hai dez meses, analiza neste documento a situación do sector no noso país, verificando un atraso na implantación destas tecnoloxías no noso país e os efectos da crise económica neste ámbito. Como obxectivos inmediatos, o organismo aposta por integrar todo o sector e mellorar a competitividade e a cifra de negocio dos seus membros, mellorando a investigación ou procurando a colaboración das empresas, entre outras medidas. O texto avalía tendencias como a importancia de apostar polo teléfonos móbiles como xeito de acceder á rede, a oportunidade que supón o cloud computing ou o campo por explotar por vencellar ás novas tecnoloxías á redución de consumo enerxético.
O Clúster TIC presenta o seu Plan Estratéxico ata 2013
Menos dun ano despois da súa constitución, este organismo quere loitar contra os efectos da crise no sector
14 lecturas | Compartido 0 veces
Ligazóns externas
Universo culturagalega.gal
Contextos
Claves
Conceptos