Hai agora 20 anos, comezaba a aventura da recuperación da cultura marÃtima en Galicia. A reconstrución da dorna xeiteira Nova Marina considérase o punto de partida dun movemento que hoxe conta con centos de persoas e conta con colectivos e actividades por todo paÃs e que supón un referente internacional neste campo. Unha exposición no Museo do Mar lembra aquel fito e axúdanos a reflexionar a acelerada perda e a esforzada recuperación deste patrimonio.
Cando aÃnda hoxe abondan nos peiraos galegos as embarcacións de madeira co feitÃo tradicional, que se empregan nos traballos da pesca de baixura, pode sorprender o vizoso deste movemento de recuperación e as chamadas de alerta que se realizan encol da perda dun importante patrimonio vencellado ao mar. No entanto, a realidade é que estes bens sofren un abandono acelerado que deu na desaparición de moitas variedades de naves nun tempo incriblemente curto. “Falamos dun patrimonio que na realidade é unha ferramenta de traballo”, explica Pablo Carrera, director do Museo do Mar, “e no momento en que unha ferramenta fica obsoleta, abandónase e substitúese por outra, é un proceso rápido e se non hai consciencia sobre a importancia deses bens pérdese todo”. Do mesmo xeito, VÃctor Fernández, acutal presidente da Federación Galega pola Cultura MarÃtima e Fluvial, recoñece que “a xente que está inmersa nese mundo olla estes bens como parte dun traballo. Cómpre se distanciar un pouco para poder ollar o conxunto e comprender que toda esa actividade arredor do mar conforma unha cultura”. O propio carácter perecedeiro da madeira e o feito de que moitos dos coñecementos de construción se transmitisen de xeito oral contribuÃron a unha rapidÃsima destrución de todo un mundo. No caso galego a mudanza no modelo produtivo asociado ao mar, coa substitución a comezos do século XX das fábricas de salgadura, espalladas por toda a costa, polas grandes conserveiras centralizadas nas RÃas Baixas, foi a responsable deste abandono. “Esta concentración esixe unha motorización, novas artes, e lanchas diferentes”.
A reconstrución da lancha xeiteira
Boa mostra desta desaparición acelerada de embarcacións, saberes e instalacións vencelladas ao xeito tradicional de entender o mar é o propio proceso de recupación da lancha xeiteira Nova Mariña. “A recuperación da Nova Marina foi foi onde naceu todo o movemento que deu pé á Federación Galega pola Cultura MarÃtima e Fluvial”, explica VÃctor Fernández. “Nos anos vinte habÃa como 8.000 lanchas xeiteiras deste tipo, pero a partir dos anos 50 comezaron a desaparecer, de xeito que en 1991 era xa imposible atopar unha soa”. O proxecto de construÃr unha destas embarcacións xurdiu do xermolo do que hoxe é a escola Aixola de carpintarÃa de ribeira tradicional en MarÃn. Segundo explica Pablo Carrera, “foi unha iniciativa pola que pulou moito Stefan Mörling, un antropólogo noruego que realizara unha tipoloxÃa de embarcacións tradicionais xa nos anos 60”. Malia a ter planos deste tipo de lancha, as observacións dun carpinteiro sobre a posibilidade de erros nos mesmos levou ao equipo da escola a procurar por novos documentos que permitisen reconstruÃr unha destas barcas. “O normal é que os carpinteiros traballasen a partir de modelos e de medios cascos, e entón comezous a abuscar pola zona de Muros e de Fisterra convencidos que non habÃa de ser moi difÃcil atopalas. Entón decatáronse de que non habÃa información real e que non quedaba ningún exemplar. Ao final, o fillo dun carpinteiro de Ribeira faloulles de que tiñan que quedar fragmentos de lanchas xeiteiras no esteiro de Caldebarcos, e foi alà onde apareceron os restos da Marina enterrados na area”. A partir de aà realizouse a réplica chamada Nova Marina, que foi rematada en 1993 e ten na acutalidade o seu porto na Illa de Arousa.
A importancia da Nova Marina
Para alén da reconstrución dun tipo de embarcación desaparecido, todo o proceso de documentación e recuperación da lancha xeiteira supuxo un auténtico revulsivo no traballo a prol do patrimonio marÃtimo galego. Segundo lembra VÃctor Fernández, “só dous anos despois desa recuperación creáse a Federación Galega pola Cultura marÃtima, que logo incluirÃa tamén a fluvial. Aquilo foi o espertar dun movemento asociativo que hoxe é admirado en toda Europa”. Ao tempo, en 1993 celebrábase o I Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, ao que acuden 25 exemplos deste patrimonio flotante. “Era xente que navegaba en gamelas e, sobre todo, en dornas, que mantiñan certa tradición porque se facÃan regatas a vela. A partir de aà fóronse facendo os encontros cada dous anos e neste 2011 chegamos á décima edición en Carril”, un evento que conta xa con 117 inscritos e que se celebrará entre o 30 de xuño e o 3 de xullo. E é que, mercé ao traballo de todos estes colectivos, a dÃa de hoxe non é xa tan extraño atopar as velas de embarcacións tradicionais a surcar as nosas rÃas. Regatas, encontros, conferencias e actividades de todo tipo fan presente a importancia deste patrimonio ao longo de toda a xeografÃa galega. AÃnda máis, a multiplicidade de pequenos dedicados ao mar nas súas máis diversas formas (en Rianxo, Fisterra, Bueu ou Laxe, por mentar só algúns), non deixan de reclamar un xeito de relación con este medio, e un tipo de barcos que deixaron de ter a súa función orixinal.
A peculiaridade galega
Na actualidade, a Federación Galega pola Cultura MarÃtima e Fluvial agrupa a nada menos de corenta e seis colectivos, na súa maior parte costeiros. Precisamente o feito de que o proceso de recuperación estea protagonizado desde os seus comezos por colectivos da sociedade civil é un feito diferencial do noso paÃs, que chama moito a atención no exterior. “Este movemento é un referente a nivel estatal e mesmo Europeo. Son asociacións culturais, deportivas ou veciñais, mentres fóra de Galicia é normal que sexan particulares ou museos os que abordan a restauración dunha embarcación”. O traballo voluntario e o interese popular definen unha proposta que contou, neste vinte anos con colaboracións puntuais da Administración. “O feito de sermos todos voluntarios ten vantaxes e inconvintes. Cómpre o apoio público para dotar este voluntariado de medios”.
Casos semellantes
O crecente interese polo patrimonio marÃtimo non é cousa exclusiva de Galicia. De feito, en moitos destes lugares, o proceso de desaparición de bens patrimoniais mariños foi paralelo ao do caso galego. En Portugal, sen ir máis lonxe, celebran nestes dÃas os vinte anos da restauración da lancha poveira do alto Fé em Deus, e a propia Federación Galega pola Cultura MarÃtima e Fluvial recoñece a importancia que os contactos con entidades semellantes neste paÃs ou en Bretaña tiveron á hora de desenvolver estratexias a prol destes bens. Os contactos internacionais mantéñense e incrementáronse ao longo do tempo, como o demostra, sen ir mais lonxe, o Proxecto Dorna, no que Galicia participa canda a Portugal, Escocia, Euskadi, que está a elaborar catálogos sobre as embarcacións e mais os estaleiros de ribeira que se conservan nas costas destes paÃses e investiga as posibilidades de desenvolvemento local arredor deste patrimonio. Ou o feito de que o noso paÃs fose convidado á Feira MarÃtima de Brest, principal punto de encontro na recuperación naval do mundo.
A relación coa administración
Preciamente a falta dun soporte continuado desde a Administración veu sendo nestas dúas décadas unha das queixas recorrentes do sector. “Na medida en que as administracións recoñezan o valor cultural destes elementos, a xente tamén o vai facer. Nesta altura todo o mundo entende que ao falarmos dun muÃño, dun cruceiro ou dun peto de ánimas falamos dun elemento da nosa cultura, pero aÃdna non acontece o mesmo cunha carpintarÃa de ribeira ou cunha embarcación tradicional”, e un bo exemplo disto é o forte debate que se está a dar sobre a conservación do estaleiro de Purro, en Bueu. No entanto, Fernández é optimista sobre o futuro do sector. “Pensamos que o encontro de Carril vai marcar un antes e un despois nesta cuestión. Creouse un grupo de traballo coa Mariña Mercante, a ConsellarÃa de Mar, Patrimonio, a Federación e a Asociación de Carpinteiros de Ribeira. Semella que hai principios de acordo para tomar algunha medidas e agardamos que se poida anunciar algo en breve”. E é que debemos pensar que o feito de falarmos de embarcacións, por moi tradicionais que sexan, implica regulamentos de seguridade e cuestións de amarre e navegación que afectan ás competencias da Mariña. Nese sentido, Fernández apunta que se trata máis de difundir a importancia destes bens do que de contar con grandes investimentos. “Estamos nunha época de crise e abordar tarefas de restauración e recuperación é complicado. Agora o que cómpre é preparar o terreo a nivel lexislativo e das administracións para conseguir un maior recoñecemento deste patrimonio, e iso é unha cuestión máis de cartos que de vontade”.
A exposición
A lembrar como arrincaron estes vinte anos de historia, o Museo do Mar amosa desde o pasado dÃa 4 e ata o vindeiro 26 de xuño Mar ao xeito, unha exposición que reproduce o proceso de recuperación da Nova Marina. A mostra percorrerá con posterioridade diferentes espazos da costa galega. Segundo explica Carrera, “queriamos salientar o que significou esta recuperación e a desaparición do patrmionio marÃtimo. A nova marina é a icona do que foi a toma da conciencia da recuperación da cultura marÃtima”.