O II encontro de Literatura de Viaxes ábrese a gastronomía e á fotografía

A cita comeza o vindeiro día 14 cunha conferencia inaugural de Antonio Gala

Antonio Gala e Julio Llamazares son os autores destacados da segunda edición do Encontro de Literatura de Viaxes. Unha cita na que este ano gañan peso a fotografía (co festival Olladas Viaxeiras, que comisaría Xurxo Lobato) e a gastronomía (no ciclo A volta ao mundo en 80 sabores, que achegarán menús e cócteles de diversos lugares do mundo) en detrimento do ámbito literario. Ademais, na programación desta edición non aparecen autores en lingua galega na súa nómina de participantes. Algunhas das actividades que fan parte desta segunda edición do Litvi xa foron presentadas con antelación, no marco de programas como o 800 aniversario da Catedral. A cita coa literatura de viaxes, que tamén contará cun Laboratorio de Creación Literaria, comeza o vindeiro martes 14.

Dosier LITVI 2011.
Ligazóns