O Museo do Pobo tivo desde as súas orixes, unha acusada querencia polo cinema. De feito, arrincou co primeiro presidente do padroado, XoaquÃn Lorenzo Xocas, quen lle legou ao centro os dereitos de o Carro e o home. Desde moi cedo, o Museo aproveitou toda oportunidade para dar a coñecer as tradición, costumes e formas de vivir e pensar a través do audiovisual. Entre as actividades desta materia destaca a Mostra de Cinema Etnográfico, cuxa edición de 2011 arrinca hoxe con 19 tÃtulos en 9 sesións. O proxecto arrincará coa sección de Cinema Histórico dedicada este ano a José Val del Omar con presentación a cargo de Pepe Coira. Seguirá a sección Carlos Velo onde se pasarán cintas escollidas desde o Museo con importante peso das realizacións galegas, e conta tamén coa Sección Espiello formada polos documentais gañadores no festival de mesmo nome. A cita desenvólvese ata o vindeiro 15 de xuño.
Programa da Mostra de Cine Etnográfico.