Unha canción arxentina dos anos noventa da título a unha iniciativa que pretende dar a coñecer a visbilidade da muller na produción cultural galega. Pero iso non é máis que a punta do iceberg dun proxecto que aspira a converterse nun espazo común de encontro e relación de axendas relacionadas con cuestións de xénero e produción cultural. En resumidas contas Que ves cando me ves pretende buscar a complicidade da ollada pública no traballo elaborado por mulleres.
O proxecto botou a andar a mediados de maio, cunha exposición na Casa das Asociacións que rescataba as achegas que as mulleres levan desenvolvendo no rural galego. O mesmo espazo que este venres se transforma para ofrecer ese mesmo punto de vista, pero a través do máis actual creación artística feminina. Comisariada por Paula Cabaleiro, reivindica a dimensión cultural da muller, abrindo unha liña de debate, discusión e reflexión crítica sobre cuestións de xénero. María Chenut, Montse Rego, Sheila Pazos ou María Meijide fan parte desta exposición que estará aberta ao público ata final de mes. Precisamente o prazo que dura todo o proxecto que baixo ese título promove Teófila Noemí Ruíz. Esta arxentina leva anos afincada en Galicia onde estivo implicada na xestión de eventos como o Roteiro de Creación (proxecto cultural e turístico que se desenvolveu polas rúas de Santiago con iniciativas que pretendían dar a coñecer os lugares nos que nace a creación, é dicir, os obradoiros dos artistas).
Presenteime a unha liña de axudas o Instituto da Muller que foi a base deste proxecto explica Teófila. O proxecto comezou a xestarse en setembro de 2010 pero ata meses máis tarde o Instituto non se confirmou a contía definitiva e, polo tanto, non se puxo en marcha. Na miña idea inicial consistía en dar a coñecer o traballo das creadoras, pero a medida que me puxen a definir a proposta e falaba con outra xente, empecei a notar a necesidade de traballar desde conceptos como a igualdade, con cuestións de xénero e reivindicar o noso valor creador. Con esta filosofía e cun orzamento máis reducido do previsto inicialmente (o programa foi deseñado para un presuposto de 30.000 euros que acabaron en 7.000), Teófila rodeouse dun grupo de colaboradores que fixeron posible tecer un programa que conta cunha decena de proxectos que se espallan no calendario mes e medio e se suceden en diferentes localizacións de Santiago. O resultado final do programa é tan completo porque colaboraron activamente numerosas persoas que permitiron recuperar iniciativas inasumibles co orzamento que tiñamos explica a coordinadora deste proxecto. O voluntarismo agromou coa publicación do sitio web que permitiu canalizar moitas das propostas e a moita da xente que onte pola tarde dobraba e imprimía os folletos que, a modo de catálogo acompañarán a exposición Que ves cando me ves que se inaugura este venres.
Programa creativo
Unha das actividades centrais do programa de actividades pretende afondar a dimensión multitarefa da muller. María Chenut, coñecida polo público compostelán polas súa tarefa no Roteiro de Creación Contemporánea, buscará a participación colectiva cunha muller respentada sobre un panel de madeira con rodas (pintada polo artista Branda), sobre a que o público irá cosendo todos aqueles elementos simbólicos cos que se identifica (paraugas, biberón, katiuskas, fregona, un rosario, un bolso ..). Chenut trasladarase co seu carro de batalla por diferentes espazos de Santiago (desde a praza de Cervantes ata a Praza Roxa psando pola Biblioteca Ánxel Casal ou ao lado do CGAC) procurando as diferentes representacións da súa Muller express. Cada unha delas terá unha foto que se poderá ver no web do evento, no Facebook e Flickr coas que se creará un libro compilatorio a modo de retrato ou autorretrato colectivo.
Existen moitas outras actividades, explica Teófila, que pretenden incidir nesa faceta con ánimo crítico e que ofrecerán unha visión poliédrica de numerosos ámbitos nos que se desenvolve o traballo feminino. O vindeiro venres 17 de xuño terá lugar Expulsadas do parnaso, un recital poético que reunirá a poetas de diferentes xeracións e estéticas para propiciar o encontro co público. Un documental, xornadas recreativas (acción artísticas, contacontos e actividades de difusión editorial), espectáculos literarios e danza fan parte deste proxecto.
Reflexión crítica
Desde a concepción do proxecto, Teófila tiña moi claro que era necesario traballar con diferentes formatos que permitisen achegar unha visión poliédrica da acción da muller. Na súa concepción había creación pero tamén reflexión. Por iso, no detalle do programa haberá oco (os días 21 e 22 de xuño) para mesas de comunicación e de debate. Serán os escenarios para analizar desde un punto de vista teórico tanto a creación como a investigación. Queremos escoitar que pasa coas mulleres investigadoras, un dos ámbitos máis descoñecidos para o gran público apunta Teófila, ao tempo que incide na necesidade de resituar as ideas no ámbito do dosier científico. Arredor dunha quincena de mulleres de ámbitos tan diferentes como a pedagoxía, a investigación, a arte, a xestión ou os medios participarán neste encontro que se desenvolverá na Casa das Asociacións.
Estas xornadas pola visibilidade da muller na produción cultural galega actual e a reflexión crítica da cidadanía nacen coa intención de quedarse, pero como asegura a súa coordinadora, Teófila Noemí Ruíz, haberá que saír adiante desta primeira edición, antes de pensar en proxectos futuros.