Valar o común? é o lema que abre o número 189 da revita Grial, que acaba de ver a luz. No mesmo Carlos Fernández coordina unha serie de artigos que analizan as relacións entre os ámbitos públicos e privados en cuestións como a economÃa, a comunicación, a rede ou os dereitos de autor, entre outros ámbitos. Nese sentido atopamos colaboracións como as de Carlos Amoedo, profesor de dereito da Universidade da Coruña; MarÃa D. Garza e Manuel Varela, catedráticos de EconomÃa Aplicada da Universidade de Vigo, ou Daniel Fernández, licenciado en FilosofÃa. Comeza neste número un estudo sobre Santiago Montero DÃaz, realizado polo historiador Núñez Seixas, e continúan as análises sobre pluralismo cultural e lingua cunha serie de artigos que tratan diferentes aspectos da lusofonÃa.