Enormic chega ao seu número 12

A revista de banda deseñada está elaborada polos Equipos de Normalización dos Intitutos do Salnés

6/6/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: banda deseñada
31 lecturas | Compartido 0 veces

Capa de Enormic 12, por Uxío López

Trinta e seis alumnos de doce institutos do Salnés participan na nova entrega de Enormic Banda. A revista de banda deseñada que publica a Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística desta comarca chega ao número doce cunha tiraxe de 1.400 exemplares e corenta e sete páxinas, nas que se poden ler 31 historias realizadas polos alumnos dos centros participantes. A publicación conta coa colaboración especial do creador Uxío López na capa e cun limiar a cargo do escrito Manuel Portas.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
1 lugar identificados
Claves temáticas
Protagonistas
Lugares