Político, avogado, xornalista, empresario, poeta ou ensaísta. A figura de Valentín Paz Andrade é un exemplo dos galeguistas multidisciplinares que tanto fixeron pola nosa cultura ao longo do século XX. A Real Academia Galega decidiu homenaxear este polifacético persoeiro con ocasión do vindeiro Día das Letras Galegas.
Nin Filgueira Valverde, nin Carvalho Calero. Malia ás reclamacións e propostas encol destes e doutros candidatos, o plenario da Real Academia Galega acordaba o pasado sábado 4 de xuño que o Día das Letras Galegas de 2012 estará dedicado a Valentín Paz Andrade. Aínda non se apagou a revolución que supuxo para esta data a edición de 2011, na que a figura de Lois Pereiro acadou cotas de popularidade e un número de iniciativas inédito na celebración. De cara a 2012 a Academia aposta por un perfil completamente diferente. Un galeguista histórico, e ata certo punto pouco coñecido, no que o peso do seu labor político, empresarial e como investigador está ben por riba dos seus méritos literarios e que exemplifica a evolución da cultura e do traballo a prol do país como poucos.
O galeguismo
Nado en Pontevedra un 23 de abril de 1899, Valentín Paz Andrade introduciuse no galeguismo xa ben novo, da man do seu tío o poeta Xan Bautista Andrade, quen lle presentou a Castelao. A figura do rianxeiro constituíuse un referente inexcusable que marcou a vida e o traballo do agora homenaxeado co Día das Letras. A defensa de Galicia marcou unha traxectoria vital polifacética que amosa como poucas as diferentes facetas o traballo daqueles que se comprometeron coa lingua, a cultura e a socidade do país ao longo do século XX.
As profesións
Desta volta, é un avogado o que protagoniza o Día das Letras. E non só un titulado que se centrou nas letras, senón un letrado que desenvolveu unha intensa carreira no seu campo. Logo de se licenciar en Dereito en Santiago de Compostela en 1921, compaxinou a avogacía con outra carreira que marcaría boa parte da súa biografía: o xornalismo. Xa con 16 anos comezan a súas primeiras colaboracións en diferentes medios impresos, facendo parte da redacción do semanario pontevedrés La Provincia, e en 1922 asume a dirección do xornal Galicia. Este proxecto que se publicaba en Vigo e que remataría os seus días baixo a ditadura de Primo de Rivera, supuxo no seu día unha aposta por un medio liberal no que destacaban de xeito especial as caricaturas de Castelao, canda as achegas doutros galeguistas. Precisamente baixo este réxime cumpriría Paz Andrade un mes de cadea polo contido dos seus artigos. A partir de entón, desenvolvuse unha intensa carreira de articulista que levaría o seu traballo por cabeceiras como El Pueblo Gallego, Faro de Vigo ou La Noche, onde empregaba pseudónimos como M., Xan Quinto ou Mareiro. Como avogado, vencellou xa desde o comezo da súa carreira a súa práctica ao mundo empresarial, e especialmente ao mar. De xeito paralelo, realizou a defensa xurídica de diferentes galeguistas enxuízados polas autoridades franquistas.
O empresario da pesca
Mesmo aqueles que menos saiban sobra a figura que protagonizará a vindeira edición do Día das Letras coñecen sobradamente a que foi a súa principal aventura empresarial: Pescanova. Paz Andrade foi un dos promotores da firma pioneira a nivel europeo no emprego de buques pesqueiros conxeladores e foi nomeado vicepresidente da mesma en 1960. O seu vencello ao mundo do mar comezou xa dos anos trinta, cando actuaba como avogado para asociacións de armadores pesqueiros, en xa en 1942 puxo a andar en Vigo a revista Industrias pesqueras, na que ocuparía a dirección e que aínda se publica. Desde aquela, desenvolveu un grande interese por este mundo, e defendeu a necesidade de modernizar a pesca e de pór en valor os recursos dispoñibles en Galicia como unha vía fundamental para o desenvolvemento do país. A súa capacitación neste campo, demostrada en diferentes ensios e artigos, quedou demostrada cando a FAO, organismo das Nacións Unidas dedicada á alimentación, o escolleu como primeiro técnico en todo o Estado para participar en diferentes misións de asesoramento para desenvolver a estas industrias en países como Arxentina, Cuba ou Colombia, para alén de organizar e participar en diferentes seminarios e encontros internacionais encol desta cuestión. Precisamente esta institución publicou en 1954, desde Chile, unha das súas obras máis recoñecidas a nivel internacional, Principios de economía pesquera.
O político
Para alén da súa faceta como empresario, a política foi outro dos aspectos que marcan en grande medida a biografía do homenaxeado. Xa con 21 anos aparece como un dos participantes na II Asemblea Nacionalista que se celebrou en 1919. Malia á interrupción democrática que supuxo a dictadura de Primo de Rivera, atopamos de novo a Paz Andrade en primeira liña política xa en 1930 coa súa particpación no Grupo Autonomista Galego, e xa no ano seguinte preséntase, sen éxito, como candidato ás Cortes constituíntes da República canda a Castelao e Ramón Cabanillas. Catro ano despois, o desterro de Castelao a Badaxoz impúlsao á secretaría secretaría do Partido Galeguista, e en 1936 queda de novo ás portas de participar nas Cortes de Madrid, aínda que si participou, nesta mesma época, na elaboración do Anteproxecto de Estatuto de Autonomía para Galicia. A súa militancia galeguista, canda ao seu traballo xornalístico, explica o dous atentados que sufriu en 1936, aos que sobreviviría aínda que nun deles resultou ferido de bala nun ombreiro. Para alén dunha obrigada pausa na súa carreira política por mor da dictadura franquista, o homenaxeado sofreu desterro en Verín e Xinzo e foi detido en diferentes ocasións polo seu compromiso e mais pola súa defensa e o apoio á fuxida de diferentes galeguistas. O seu traballo como avogado para diferentes empresarios xa nos anos trinta, semella ser a causa de que evitase unha represión tan intensa como a que afectou a outros dos seus correlixionarios. En 1976 o nome de Valentín Paz Andrade voltaba á area nesta campo como membro da Comisión Negociadora da Oposición co Goberno Español, como representante de Galicia, e en 1977 restulou elixido como Senador pola provincia de Pontevedra, no marco da Candidatura Democrática Galega.
A cultura
As súas múltiples ocupacións non o afastaron, no entanto do seu vencello coa cultura e o galeguismo durante a posguerra. A partir de 1945 promoveu uunha tertulia no café Alameda, de Vigo, na que participaban de xeito habitual persoeiros da talla de Carlos Maside, Laxeiro, Prego de Oliver, Francisco Fernández del Riego ou os irmáns Álvarez Blázquez, entre outros. Ao tempo, mantivo unha intensa relación tanto cos galeguistas que ficaban no país como cos exiliados, especialmente na Arxentina. Sería precisametne neste país onde viron a luz varias das súas obras.
A obra literaria
Como escritor, a maior parte do traballo de Valentín Paz Andrade insírese no campo do ensaio, e especificamente encol de cuestións económicas e pesqueiras. Deste xeito, xa en 1928 ve a luz Los puertos nacionales de pesca. Aportación de Vigo al estuido del problema. A este seguiríalle unha ampla lista de traballos neste campo, no que destacan propostas como o xa mentado Principios de economía pesquera en 1954, Sistema económico de la pesca en Galicia (1958> ou El concepto de zona económica en el nuevo derecho del mar (1974). De xeito paralelo, a economía e o desenvolvemento de Galicia ocupou boa parte da súa produción, con obras de referencia e carácter pioneiro entre as que destacan Galicia como tarea (1959), unha análise sobre a sociedade e a economía do noso país, as súas oportunidades e desafíos, na que o autor reflexiona tamén sobre cuestións como a lingua e a cultura. Voltaría sobre a situación do país en traballos como El capital como factor del desarrollo de Galicia(1970), La marginación de Galicia (1970) ou Galiza lavra a sua imagem (1985, na que se centra en diversos aspectos da nosa cultura. Para alén, abordou traballso como La anunciación de Valle-Inclán (1967) e mais Castelao na luz e na sombra, destacada biografía sobre o histórico galeguista que viu a luz en 1982.
A poesía
Malia ao desenvolvemento deste xénero, paz Andrade desenvolveu unha temperá vocación poética, que deu xa en 1921 na publicación de Soldado da morte. En xeral, os críticos vencellan a súa obra lírica co traballo da Xeración de 1925, con achegamentos á vangarda fronte ao conservadurismo da poesía da época. A esta primeira obra seguiríalle Pranto matricial, publicado en Arxentina en 1954, evoca a morte de Castelao en seis poemas, e tivo unha reedición en 1975 en cinco línguas. Sementeira do vento (1968) ten na paisaxe galega o seu eixe temático. Cen chaves de sombra (1979) e mais Cartafol de homenaxe a Otero Pedrayo completan a súa produción lírica. Malia a que na actualidade é moi difícil atopar a maior parte dos seus traballos, non cabe dúbida de que a celebración do Día das Letras ha encher as librarías de reedicións, escolmas, estudos e biografías sobre a súa figura.
As homenaxes
A importancia de Paz Andrade, malia a non estar entre as listas dos creadores máis importantes das nosas letras, fica fóra de toda dúbida. Atestíguao así a súa designación, xa en 1964, como membro correspondente da Real Academia Galega e o seu ingreso como numerario nesta institución en 1978, cun discurso sobre A galecidade na obra de Guimarães Rosa que respondeu Álvaro Cunqueiro. En 1975 foi galardoado co Pedrón de Ouro, no 79 coa Medalla Cidade de Pontevedra e no 86 coa da Cidade de Vigo e mais co Premio Trasalba da Fundación Otero Pedrayo. En 1984 xa recibira a Medalla Castelao en recoñecemento ao seu traballo a prol do país, un dos máximos galardóns que existen no país. Valentín Paz Andrade falecía en Vigo o 19 de maio de 1987, deixando un legado que agora recibe un novo recoñecemento da man da Real Academia.