Foi un dos baluartes da renovación poética galega de finais anos noventa. A colección Letras de Cal acolleu, entre 1997 e 2001, os versos de moitos autores que hoxe están xa plenamente recoñecidos no sistema literario galego. MarÃa Lado, Igor LugrÃs, Sechu Sende, Carlos Negro ou Olga Novo son só algúns dos autores que publicaron no marco deste proxecto. Agora, os catorce volumes que se publicaron dentro da colección, incluÃndo a antoloxÃa dEfecto 2000 e outra con traducións de poesÃa vasca, están dispoñibles integramente na rede en formato pdf da man de Poesiagalega.org. Achegámoste tres destas obras como un exemplo do que podes atopar nesta colección.
A primeira visión. MarÃa Lado, 1997.As laranzas de Alà Babá. Carlos Negro, 1998.
A teta sobre o sol. Olga Novo, 1999.