A XVII homenaxe O Escritor na súa Terra, que cada ano organiza a Asociación de Escritores en Lingua Galega, terá Lugo como escenario. Paco MartÃn, autor homenaxeado polos seus compañeiros, recibirá o vindeiro 25 de xuño o galardón Letra E de escritor, desta volta realizado por Silverio Rivas. Ademais, plantarase unha ábore simbólica na súa honra na rúa Ramón Ferreiro e daráselle o seu nome á biblioteca municipal do barrio da Piringalla. Os actos celebraranse entre a propia rúa e a casa do Concello, e rematarán cun xantar.
Programa de O escritor na súa terra dedicado a Paco MartÃn.