Hai poucas semanas saía á luz o ambicioso proxecto Patrimoniogalego.net, unha proposta para catalogar de xeito colaborativo, e aproveitando as posibilidades da rede, os nosos bens patrimoniais. No entanto, non é esta a primeira nin a única proposta neste sentido. De xeito máis ou menos calado, pequenos colectivos e afeccionados desenvolven múltiplos proxectos nos que tentan compilar toda a información posible sobre este campo.
Hórreos, castros, cruceiros, patrimonio románico, castelos, petróglifos, arquitectura tradicional ou mesmo ruínas militares, de todo o país ou nunha determinada comarca. O interese dos galegos polo seu patrimonio abrangue ámbitos do máis variado, e pódese verificar facilmente na rede. Só cómpre facer unha somera revisión en buscadores para verificar que tanto en webs como en redes sociais a maior parte dos contidos sobre patrimonio en Internet corresponde ao traballo de asociacións e de indivuduos afeccionados a este ámbito. Segundo explica Francisco José Padín, un dos responsables de Patrimoniogalego.net, a presenza do patrimonio galego na rede estaba bastante mal. O web de Cultura permite o acceso a unha serie de fichas, pero o catálogo é bastante exíguo, e para consultar os bens inventariados cómpre ir ata a Dirección Xeral de Patrimonio, pedir permiso e explicar por qué se quere ver e facelo mediante fichas de cartolina. E entón compría solventar isto e facer un inventario en liña aberto e libre, xa non só para investigadores, senón para a xente interesada ou mesmo para facilitar traballos escolares.
O patrimonio como afección
Algunhas das propostas máis exhaustivas e interesantes arredor do patrimonio xorden de particulares que teñen un especial interese por elementos concretos. Exemplos destacados disto son os blogs Hórreos de Galicia e Cruceiros de Galicia. No primeiro caso, Beatriz de la Torre Rey e Fernando Rodríguez Rodríguez son responsables dun inxente traballo de documentación, fotografado e catalogación que abrangue dúas mil construcións deste tipo, localizadas a base de percorrer o noso rural durante anos. De xeito semellante, Xesús Antonio Gulías Lamas mantén o web Cruceiros de Galicia, no que achega un interesante catálogo destes elementos, así como de calvarios, petos de ánimas, viacrucis, cruces ou petos de esmolas, con imaxes e a indicar a súa localización. Os castros da comarca de Ferrolterra son o obxecto do traballo de Carlos Antonio Serantes Vigo e Ignacio Fernández Fojo, que ofertan no seu completo catálogo imaxes, mapas, descrición e unha tipoloxía destes restos. É de destacar tamén o traballo que desenvolver Xabier Moure Salgado en O noso patrimonio, un web no que atende a todo tipo de bens no noso país, ofertando exhaustivos listados da súa localización nos diferentes concellos do noso país. Castros, mámoas, castelos, petróglifos ou pontes son só algúns dos contidos dun espazo no que tamén se achegan amplos textos introdutorios sobre o noso patrimonio e historia.
A importancia dos fotógrafos
Obviamente, a multiplicidade de iniciativas e o diferente interese dos catalogadores, provoca que a información dispoñible sobre os diferentes bens varíe enormemente. Deste xeito, comprobamos que o atractivo estético dos nosos bens está detrás dun bo feixe das propostas que atopamos pola rede, que centran o seu traballo na fotografía sistemática de elementos patrimoniais. É o caso por exemplo, do inxente traballo que neste sentido desenvolve Manolo Castro desde Arzúa. Castros de Galicia, Castelos de Galicia ou Románico en Galicia son só algúns dos blogs que mantén e nos que vai introducindo fotografías de elementos deste tipo, indicando unicamente o nome do ben e mais o concello no que se atopa. Ademais, Castro mantén álbums en liña con imaxes de igrexas románicas. Os álbums en liña son tamén a fórmula escolleita polo grupo Patrimonio de Galicia, que apostou pola aplicación Flickr para amosar o seu traballo. Fotografías actuais e antigas de todo tipo de temáticas danse cita neste proxecto colectivo que conta xa con máis de 13.000 entradas subidas por case 700 usuarios. Patrimonio histórico, relixioso, lingüístico ou petos de ánimas cruceiros e hórreos, son algunhas das categorías nas que se clasifican os bens que se poden atopar neste espazo. Para alén do interese estético dos propios bens patrimoniais, o proxecto quere servir para documentar elementos que corren risco de desaparición. Se desaparecese, como hai foto, pódese preguntar por el. Se non se soubese da súa existencia e desaparecese sería coma se nunca existise, explícase na presentación do álbum. A mesma fórmula é que a se emprega no grupo Arquitectura Tradicional Galega, que conta con 637 membros e centra a súa actividade nas construcións sen arquitecto propias da nosa cultura tradicional. Pombais, pendellos, batáns, casas, curros ou cerres de todo tipo danse a cita nun álbum que se achega ás 6.000 imaxes.
Asociacións especializadas e xeolocalización
Canda aos particulares, diferentes asociacións manteñens propostas de catálogos na rede, na maior parte dos casos cinguíndose a áreas xeográficas ou a temáticas concretas. Por exemplo, o traballo da asociación O sorriso de Daniel céntrase nas construcións de estilo románico, e na actualidade desenvolven un traballo de recollida e publicación dos bens deste tipo que se poden atopar na comarca da Ulloa mediante un blog no que, para alén de imaxes, danse datos sobre a localización e a historia de cada unha destas construcións. A dar un paso máis nas posibilidades da rede, a Asociación Buxa achega no seu web máis de 180 fichas sobre o patrimonio industrial do noso país, achegando fichas estandarizadas e un mapa no que se poden localizar fábricas, estaleiros e todo tipo de bens deste tipo. Do mesmo xeito, o web Petroglifos.org, aínda que na actualidade con pouca actividade, aproveita as posibilidades da xeolocalización para propor un mapa deste tipo de bens e que xurdiu neste caso da empresa Concepto 05 e mais de Escoitar.org. A proposta recolle imaxes, debuxos, descricións e a xeolocalización destes bens, aínda que non conta polo momento cun catálogo moi amplo. De xeito semellante, desde Culturagalega.org avanzamos no seu día neste mesmo sentido a propor unha xeolocalización das fortalezas vencelladas ás revoltas irmandiñas que logo foi completada por un dos nosos usuarios. Impresiona o mapa sobre Románico en España que desenvolveu, con diferentes colaboracións, Julián Castells Criado. Para as provincias galegas, contou coa colaboración de José Antonio Gil Martínez, outro afeccionado ao patrimonio que achegou a xeolocalización e imaxes dunha longa lista de bens deste tipo perfectamente sinalizados. Gil posúe ademais un importante álbum de Flickr con máis de 2.000 fotografías deste estilo arquitectónico, así como imaxes de mosteiros e de diferentes rutas xacobeas.
Un novo paso
A iniciativa máis recente, e que supón unha evolución no xeito en que se aborda este tipo de proxectos é Patrimoniogalego.net. Este web, desensvolvido por varios afeccionados a esta cuestión, pretende desenvolver de xeito colaborativo un catálogo de bens culturais de todo o país. Para alén do seu alcance, unha das peculiaridades desde proxecto é que a catalogación se realiza a través dunha ficha estándar para todos os bens, o que inclúe datos como a súa xeolocalización, o nome do lugar, a época, o seu estado e grado de protección actual e mesmo se existe tradición oral vencellada ao mesmo. Francisco José Padín é un dos promotores da iniciativa na que desenvolve tarefas de edición de contidos, antes de abrir o web debatemos durante bastante tempo o modelo de ficha. Foi algo bastante complexo porque debería servir para todo tipo de bens culturais, desde cruceiros ou petos de ánimas a depósitos arqueolóxicos ou mesmo edificios contemporáneos. Ademais, tiña que ser algo sinxelo para que a xente poidese traballar con ela e facilitase o traballo dos catalogadores. Para conseguir aínda un resultado máis homoxeneo nas catalogacións, o proxecto conta co traballo de catro editores que se preocupan de que os datos que se introducen resulten coherentes e uniformes e non haxa erros de redacción ou na xeolocalización dos espazos.
Do catálogo á acción
Non é de estrañar, logo de ver os múltiples proxectos que existen na rede encol do patrimonio que esta iniciativa, que a proposta de patrimonio galego estea a conseguir apoios rapidamente. Estamos a ter unha resposta bastante entusiasta e contamos cun elenco grande de colaboradores. Aínda estamos a comezar e o ritmo de publicación de fichas é algo lento, aídna que se vai incrementando. Estamos tamén a iniciar contactos con asociacións que traballan na catalogación e no inventariado de patrimonio e penso que en breve teremos centos ou milleiros de fichas. Segundo Padín, partindo dunha base estimación inicial duns 100.000 elementos que se poderían catalogar, se chegamos a 10.000 ou 20.000 fichas xa sería un corpo abondo para ter unha grande utilidade. A realización destes catálogo é só un primeiro paso nun proxecto que quere concienciar a sociedade da importancia destes bens. Isto superaría con moito o que se fai desde as administracións. Esta iniciativa tamén reivindica o papel da sociedade civil para defender o que é seu e demostramos a capacidade que ten desenvolver as súas propias ferramentas. O propio feito de o facer de xeito colectivo tamén axuda a concienciar á xente do que temos e da súa importancia, se nós como sociedade damos feito isto é aínda máis positivo que se o fixesen as administracións. O propio proceso de catalogación quere ser unha base para desenvolver accións máis efectivas de defensa do patrimonio. Hai un lote de plataformas a nivel local que non se coordinan, e entón moitas veces o labor de denuncia queda nese ámbito. Logo hai xente que descoñece os cauces para denunciar e non consiguen tampouco que iso chegue aos medios. Traballar en conxunto e enfrontar a valoración do patrimonio a escala galega é un xeito de amplificar todos estes esforzos.
Outros patrimonios
Claro que non só hai quen se preocupa polo patrmimonio material. Á hora de falarmos de recollida de patrimonio inmaterial do noso país, non cabe dúbida de que temos unha referencia no web Galicia Encantada. Coordinado por Antonio Reigosa, este amplo web suma unha ampla nómina de colaboradores que recollen, publican e comentan todo tipo de contidos relacionados coa nosa tradición oral. Entre a nutrida nómina de participantes atopamos mesmo centros de ensino que colaboran coa iniciativa de xeito habitual, contribuíndo nuns contidos que amosan vontade de enciclopédicos. As propostas arredor do patrimonio non rematan aquí, e atopamos traballos como o de José Cadaveira que no seu web Military Ruins percorre uns bens tan curiosos como as ruínas militares que existen no noso país.
Está claro que a rede é un espazo no que o patrimonio cultural galego está amplamente representado, e que existe un importante interese social polo mesmo. Está por ver ata que punto estas múltiples iniciativas poden articularse nun xeito homoxéneo de presentar estes bens por Internet, un proxecto imprescindible para garantir o futuro dos mesmos.