Eiras Roel e Jesús Sánchez reciben os Premios Galicia de Investigación

Afondar no pasado

| Santiago.Redaccion | Seccións: Historia
Compartir:

Afondar no coñecemento do pasado galego a través da vida dos labregos e da arquitectura levou ós historiadores Eiras Roel e Jesús Sánchez a obter os "Premios Galicia de Investigación" nesta edición 2000. Un premio dotado con seis millóns de pesetas e que este ano lle correspondeu á disciplina das humanidades.

Premio de desenvolvemento


A Secretaría Xeral de Investigación (I+D) resolveu concederlle o Premio Antonio López Ferreiro de investigación a Antonio Eiras Roel. A súa investigación sobre a explotación da cabana gandeira nos labregos galegos, o peso da renda foral e a carga fiscal señorial en Galicia sobre o contribuinte medio foron determinantes para o seu galardón. Eiras Roel é doutor en Historia pola Universidade de Madrid, catedrático de Historia Moderna pola USC e sucesor de Antonio Fraguas no cargo de Cronista Xeral do Reino de Galicia.



Premio para investigadores mozos


O premio para investigadores mozos recaeu en Jesús Ángel Sánchez, doutor pola Universidade de Santiago, debido ó seu traballo de análise detallada sobre a arquitectura e o urbanismo galego nos séculos XVIII e XIX.



Premios Galicia de Investigación


Os "Premios Galicia de Investigación" creáronse co obxectivo de compensar os investigadores de prestixio e estimular os novos a seguir traballando en áreas relaciondas coa súa propia comunidade. Os Premios outórganse cada ano a unha iniciativa diferente, correspondendo este ano á de investigación.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Arquitectura, Antonio Fraguas, Reino de Galicia, USC...

Claves

Protagonistas
Lugares