Santiago de Compostela acolleu onte a presentación de A Cociña Galega con Cunqueiro, un ambicioso programa de divulgación cultural que porá 10.000 antoloxías da obra de Cunqueiro en restaurantes de toda Galicia, canda se recuperan ou se versionan pratos do noso acervo gastronómico tradicional. Máis de 60 restaurantes de todo o país xa se incorporaron ao proxecto. A fotografía inaugural celebra o gusto polos cheiro das mazás que tiña Cunqueiro cando escribía no seu despacho.
Foi unha foto singular e única. Cociñeiros e restaurantes de toda Galicia, de diferentes tendencias, xeracións e estilos, reunidos no Mercado de Abastos de Santiago para homenaxear a un gran escritor das nosas letras. Onte pola tarde deuse o punto de partida, en Santiago, para a campaña A Cociña Galega con Cunqueiro. A iniciativa, promovida polo Consello da Cultura Galega, ten dous obxectivos: dar a coñecer a obra gastronómica de Álvaro Cunqueiro e recuperar para as cartas dos restaurantes numerosas receitas do rico acervo gastronómico tradicional de Galicia.
A mecánica da campaña é moi simple. Os restaurantes ofrecen desde o mes de xuño pratos inspirados na gastronomía de Cunqueiro. Os restaurantes optan por versións tradicionais ou por solucións máis creativas dependendo do estilo do restaurante, e mesmo hai uns cantos que optan por ofrecer aos seus clientes un menú completo Cunqueiro cun prezo pechado. Aqueles clientes que optan por un destes pratos reciben de agasallo o libro Na mesa con Cunqueiro. Antoloxía gastronómica e literaria.
Unha antoloxía para levar no peto
É precisamente esta antoloxía o eixo central da proposta do Consello da Cultura Galega . Miguel Vila, un xornalista gastronómico e amplio coñecedor da obra literaria e gastronómica de Álvaro Cunqueiro, peneirou todas as publicacións do escritor para condensar en 60 páxinas as referencias gastronómicas do escritor mindoniense. Cunqueiro non era autor de receitarios, sinalou Miguel Vila na presentación da publicación, pero a gastronomía está presente en toda a súa obra. A antoloxía está pensada como un punto de partida para coñecer a obra deste autor. Nel combínanse as referencias de gastronomía nas súas obras de ficción con outras dispersas por multitude de artigos, ensaios e crónicas xornalísticas. O Consello da Cultura Galega editou 10.000 exemplares da obra do autor para a súa distribución en restaurantes.
Unha mostra diversa
O CCG elaborou o proxecto en colaboración con seis asociacións gastronómicas de Galicia: Amigos da Cociña Galega, Comp&Go, Galicia Gourmand, Lareira, Nove e Xantares, pero a el tamén se poden sumar outros restaurantes de Galicia ou de cociña galega no mundo. Na oferta de restaurantes pódese apreciar a enorme diversidade da restauración galega actual. Están desde clásicos, coma o Chef Rivera, que leva celebrando un xantar cunqueirián desde hai 28 anos, ata boa parte dos restaurantes galegos con estrelas Michelín, como As Garzas, A Estación, Casa Solla e Pepe Vieira. E entre eles, tamén a interesante mostra de restaurantes da Asociación Galicia Gourmand, presente en moitos lugares de Galicia, en moitas vilas e cidades. Hai tabernas populares, pequenos restaurantes vilegos, restaurantes de hoteis de luxo, casas de turismo rural, prezos elevados e prezos máis accesibles. A Cociña Galega de Cunqueiro está en marcha como unha homenaxe viva ao autor.

Amplía a foto de familia
Foto: Soledad Felloza