
Segundo explica “o proxecto naceu a finais de 2008. Foi un dÃa, percorrendo un destes atallos, que ollei atrás e pareceume xenial a idea de que a xente fixese isto sen deseños previos, sen lÃderes, de xeito espontáneo”. A obtención dunha axuda do Instituto de la Juventud permitiulle a Teira iniciar un exhaustivo proceso de documentación que agora ve a luz na forma de libro. “A idea era facer un arquivo, amosar todo o que recollera”. O proceso de documentación consistiu basicamente en realizar moitos paseos pola cidade fotografar cada un destes atallos e xeolocalizalos. “Ao marcalos no google maps pode calcular tamén a lonxitude deste conxunto de atallos, na cidade poden ser uns cen metros de camiño en total, repartidos entre 39 ou 40 trazados”.
AÃnda que de cara ao futuro pretende continuar a traballar encol da arte e da paisaxe, Teira non pretende polo de agora continuar con este proxecto, aÃnda que non descarta recuperalo no futuro. “O mapa destes camiños é mutable e cambiante. Cada vez xorden máis atallos, e mesmo algúns deixan de ter o seu emprego e voltan a se cubrir de herba, por exemplo cando se fai un camiño mellor nas proximidades. E logo hai casos nos que as institucións se decatan de que o atallo é moi efectivo, e entón póñenlle asfalto ou pedra e vóltano un camiño oficial”, explica. “Ao mellor nuns anos volto a facer este mapa para ver como mudou, xa desde que comezou houbo moitos cambios”.
Mapa de Camiños de Desexo
Visualizar o mapa ampliado
Atallo N11 (2011). Foto: Ismael Teira

Atallo S41 (2011). Foto: Ismael Teira

Atallo S2 (2011). Foto: Ismael Teira

Atallo N3 (2011). Foto: Ismael Teira

Atallo N1 (2011). Foto: Ismael Teira

Atallo N6 (2011). Foto: Ismael Teira
