Estereoscopía e Birdboy, gañadores no VIII festival de Cans

De que rin as hienas foi galardoada co premio do público, máis o de interpretación feminina e guión

Estereoscopía é a terceira parte da pentaloxía que Xacio Baño dedicou a explorar os sentidos, mentres que Birdboy é unha metáfora dos problemas dos adolescentes. Ambas son as gañadoras da VIII edición do Festival de Cans e recibirán 1.500 euros máis o correspondente Can de Pedra. O público, que este ano bateu marcas de participación, votou a Vicenta, na categoría de animación e a De que rin as hienas en ficción. Esta última produción, marchou de Cans coas mans cheas, ao recibir tamén os premios a mellor interpretación feminina e mellor guión.

Palmarés

Premio do xurado á mellor curtametraxe de ficción (dotado co Can de Pedra e 1.500 euros) Estereoscopía, dirixida e producida por Xacio Baño


Premio do público á mellor curtametraxe de ficción (dotado con 1.000 € e Can de Pedra) De que se ríen las hienas, dirixida por Javier Veiga e producida por Xosé Zapata, IB Cinema.


Premio do xurado dos veciños de Cans á mellor curtametraxe de ficción (dotado co Can de Pedra) El Grifo, de Denis Rovira Van Boekholt e producido por Continental Producciones.


Premio do público á mellor curtametraxe de animación(dotado con 1.000 € e Can de Pedra) Vicenta, dirixida por Sam e producida por Ignacio Benedeti Cinema.


Premio do xurado á mellor curtametraxe de animación (dotado co Can de Pedra e 1.500 euros) Birdboy, dirixida por Pedro Rivero e Alberto Vázquez e producida por Abrakam Estudio, Postoma Studio, Cinemar Films e Uniko.


Premio do xurado á mellor interpretación masculina( dotado co Can de Pedra e 200 euros)ex aequo a Celso Bugallo El Grifo, e Vicente de Souza por Estereoscopía.



Premio do xurado á mellor interpretatición feminina (dotado co Can de Pedra e 200 euros) Toni Acosta, por De que se ríen las hienas.


Premio do xurado ao mellor guión (dotado co Can de Pedra e 200 euros) Javier Veiga, por De que ser ríen las hienas.


Premio do xurado ao mellor videoclip (dotado co Can de Pedra e 300 euros) “Dos semanas”, de Misterioso Viaje a Holanda, realizado por Juan Pablo Etcheberry

Premio do público ao mellor videoclip (dotado co Can de Pedra e 300 euros) “La marcha de las hormigas” de El Cubo, realizado por Andrés Montenegro e Belén Mendaña.