A Fundación Premios da CrÃtica elixiou a Bieito Ledo e a Antón Pulido como novos novos presidente e secretario. Con esta remuda desbloquéase a situación desta entidade, que provocara á súa vez a parálise na convocatoria anual dos Premios da CrÃtica en 2011. Ledo anunciou que para o vindeiro mes de outubro se celebrará a 34 edición destes galardóns. Ata entón, a nova directiva prevé entrevistarse con responsables de entidades como a ConsellarÃa de Cultura, o Consello da Cultura Galega ou a Academia con vistas a buscar xeitos de consolidar e relanzar esta convocatoria.