Kolekcja OQO é o selo co que sairán en Polonia os tÃtulos da editora galega OQO, que inicia neste paÃs unha colaboración coa firma Tako. Chocolata, Cocorico e A princesa que bocexaba a todas horas son os primeiros tÃtulos que verán a luz. A eles seguirán, ao longo do ano, traducións de Corre corre, cabaciña, Loboferoz, Os tres porquiños, A tartaruga que querÃa durmir e Fume. Precisamente Cocorico e A princesa que bocexaba a todas horas levaron o segundo e o terceiro dos premios que outorgan anualmente os alumnos da Federación de Ikastolas no PaÃs Vasco. En concreto foron os alumnos de entre 3 e 6 anos os que escolleron estes tÃtulos, coeditados con Txalaparta.