Domingo Villar é un dos sete finalistas ao premio Dagger no Reino Unido

A obra tamén obtivo o premio Frei Martín Sarmiento na categoría de adultos

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A versión inglesa de A praia dos afogados, de Domingo Villar, é unha das sete novelas finalistas para o premio Dagger. Este prestixioso galardón británico recoñece anualmente as mellores obras de xénero negro. Co galego compiten autores como Fred Vargas, Jean-François Parot, Andrea Camilleri, Valerio Varesi, Roslund-Hellstrom e Ernesto Mallo. Death on a Galician shore é o título en ingles da novela de Villar. A novela tamén recibía o pasado venres o galardón Frei Martín Sarmiento na caetegoría de adultos, que escollen os pais e as nais de escolares de todo o país.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Domingo Villar, Frei Martín Sarmiento, Reino Unido, Andrea Camilleri...