Unha xornada pretende potenciar a produción científica en galego

Pretende identificar os formatos divulgativos axeitados a outras linguas ante a hexemonía do inglés

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia
Compartir:

Debémoslle ao Seminario de Estudos Galegos as primeiras publicacións científicas en galego. Aquel proxecto para formar investigadores, así como estudar e divulgar o patrimonio cultural galego viuse truncado pola Guerra Civil. Abriuse entón un ermo de publicacións de carácter científico no noso idioma ata mediado dos anos setenta. Hoxe en día, o inglés está a ocupar posto hexemónicos da comunicación científica experimental deixando moi pouca marxe para linguas como o castelán, catalán e o galego. A xornada Escribir ciencia en galego, pretende reflexionar sobre as poisibilidades do galego nos diferentes formatos de divulgación científica e evitar a sua desaparición neste campo. As diferentes sesión desenvólvense hoxe venres no Consello da Cultura Galega, entidade que organiza esta proposta a través da sección de Ciencia, Natureza e Sociedade.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

O valor económico das linguas

O valor económico das linguas

François Grin e Marcelino Fernández Mallo reflexionan no Consello da Cultura sobre a vertente económica do multilingüismo

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ciencia, Guerra Civil, Natureza, Seminario de Estudos Galegos...