Hai moitas formas de mirar o festival de Cans en Porriño,tantas como queira miralo cada un. “Hai quen só quere asistir aos coloquios, quen só vai aos concertos, quen se senta nun prado cunha cervexa e se dedica a asistir a contemplar o desfile dos chimpÃns” explica Alfonso Pato, ideólogo deste festival que co seu “agroglamour” conseguiu chamar a atención dos medios de comunicación de toda España. Pero Pato considera que existe “moito máis que esa imaxe friki” que se vendeu. Negocios, proxeccións inéditas e unha sección oficial moi competitiva converten a Cans nalgo máis que un festival popular.
Que Fernando León, Isabel Coixet (que ao final non pode asistir logo de ter sufrido un accidente), LuÃs Tosar, MarÃa Pujalte e tantos outros nomes coñecidos coincidan nun festival que ronda os 70.000 euros, organizado por unha asociación cultural dunha localidade que non chegan a cincocentos habitantes, chama a atención. Se a iso lle sumas que non hai alfombras vermellas, nin grandes escenarios, nin flashes, senón o voluntarismo dun pobo que abre as portas das súas casas e traslada a convidados (e autoridades) nos seus tractores (os chimpÃns) resulta máis particular aÃnda.
Durante os primeiros anos esta foi a idea que se trasladou do certame, “cando viñeron os medios de Madrid, vimos que se trasladou esa imaxe friki” asegura Alfonso Pato, alma máter deste certame. Non lle incomoda pero prefire falar da calidade e da cantidade dos contidos. “É o festival máis diferente de Galicia”, asume con orgullo ao tempo que reivindica outras dimensións. “Esforzámonos en ter moitas cousas exclusivas, que sexan filmes non vistos noutros sitios e aproveitar que vén xente de primeiro nivel para que os de aquà aprendan e que os de fóra coñezan todo o que se fai aquÃ. Que sexa un punto de encontro” asume Pato.
Curtas, por enriba de todo
Malia que cada vez o programa contén máis sección paralelas e programas musicais (concertos e sección Djs), Cans é, e seguirá sendo, un encontro de curtametraxes. Alfonso Pato ten moi claro que “a nosa dinámica de proxeccións cun patio de butacas feito a base de tablóns e caixas non darÃa para aguantar longametraxes, que necesitan doutro tipo de escenarios”. Ademais “reivindicamos o espazo da curtametraxe e da peza curta como formato para dar acubillo a creatividade” explica Pato. Nesta liña de formato de breve duración que se exhibe en Cans, considera que o videoclip está a vivir un bo momento en Galicia. “Creo que de dous anos para aquà hai unha potenciación do videclip moi importante” e alude a varios motivos. Un primeiro de Ãndole económica porque “facer un videoclip é un formato máis económico que unha curta; segundo, que hai centos de “grupos bos e que ven en Internet un lugar estupendo para promocionarse”; e en terceiro lugar, que “tamén hai axudas a videoclip que permitiron a moita xente facer traballos de maior Ãndole experimental e cunha certa entidade”. Por iso, na súa opinión este ano hai un alto nivel desta categorÃa.
Con todo, o aproveitando o ton lúdico do festival, Pato foi aproveitando “oportunidades que nos brinda a participación de creadores, incorporamos tamén longametraxes”. Todo o que se exhiben ten relación directa co festival. Por exemplo, este ano preséntase 19 comidas, unha versión especial para este certame que contén a comida número 19 (o filme que chegou a carteleira baixo ó tÃtulo de 18 comidas porque narra 6 almorzos, 6 xantares e 6 ceas con grande éxito de público e de crÃtica). “É un agasallo que nos fai Jorge Coira, que sempre chega a Cans disposto a botar unha man e que, aÃnda debe estar na sala de montaxe para presentar esta versión especial no festival” explica Pato. Tamén se poderá ver a estrea de Doentes, longametraxe cento por cento galega baseada na obra teatral de Roberto Vidal Bolaño (con mesmo tÃtulo e protagonizada por Antonio Durán Morris e Xosé Manuel Olveira Pico) ou Brasil somos nós, documental que exhibe a procura de Carlos Núñez das súas orixes brasileiras.
Un mercado para Cans
Todo festival importante ten aparellado un compoñente de negocio. E Cans tamén hai sitio para este tipo de encontros. Foi alà onde os Crebinsky deron o salto da curta á longametraxe, tamén foi alà onde se coñeceron o director e os que fixeron os arranxos musicais de O apóstolo, entre moitas outras producións. De feito, Alfonso Pato dixo que “Isabel Coixet Ãa vir a Cans que, ademais de presentar a súa pelÃcula Escoitando ao xuÃz Garzón, ia vir aquà por outros motivos, porque Ãa ter un encontró cun productor galego co que está a xestar un proxecto”. Para Pato, fan parte desas outras cousas do festival que non ve o gran público, pero que teñen moita importancia para profesionais e para industria. “Para nós é moi importante ser ese punto de encontro entre todos os profesionais”. Nesa liña de quere facer industria, o festival estrea este ano a sección Cans de Futuro, na que un especialista (este ano Jorge Coira ) introducirá a escolares de varios centros do Concello do Porriño no mundo do audiovisual. Concertos, proxeccións, coloquios e premios completan a programación do festival galego por excelencia. Unha cita ineludible en Cans (Porriño) que arrincou onte á noite.