A casa da Cultura de Outes acolleu onte a entrega dos premios do XV Certame Francisco Añón de PoesÃa. Marisol Gándara, co seu poemario Manuscrito segundo da poeta canÃbal, fÃxose cos mil euros e mais a publicación da obra con que está dotado o premio. O xurado ademais outorgou os galardóns nas categorÃas de 8 a 9 anos, para Iago Santos Moledo, de 10 a 11, para LucÃa Valle-Inclán, de 12 a 14 para Marecela Porto matos, e na categorÃa de 15 a 17 premiou a Laura Porto Mato. Ademais, outorgou diferentes accésits que tamén serán publicados. Pola súa banda, MarÃa Canosa recollÃa onte o premio Avelina Valladares de poesÃa pola súa obra Ronca o mar. O xurado destacou a "sonoridade e a cohesión interna" do poemario, que será publicado por Edicións Fervenza.