A animación con participación galega triunfa no Curtocircuíto 2011

O sábado celebrouse a Gala de Clausura do Festival Internacional de Curtametraxes de Compostela

Fotograma de <i>Estereoscopía</i>, mellor curta galega en Curtocircuíto 2011
Fotograma de Estereoscopía, mellor curta galega en Curtocircuíto 2011
Con participación galega na produción ou na área creativa, as curtas de animación foron as protagonistas dos premios Curtocircuíto 2011. No Premio RTP-Onda Curta, o segundo gañador foi Gato Encerrado de Peque Varela (España/Arxentina), no premio á mellor animación Compostelae, o gañador foi O Zapateiro de David Doutel e Vasco Sá, con significativa participación na produción da produtora coruñesa IB Cinema. Na mellor animación internacional, gañou Birdboy de Pedro Rivero e o debuxante galego Alberto Vázquez. O premio especial á mellor curta galega foi para Estereoscopía de Xacio Baño. Esta edición de Curtocircuíto tamén premiou, entre outros, á Mellor Ficción Compostelae foi para El Grifo de Denis Rovira Van Boekholt. Baby de Daniel Mulloy, Reino Unido, levou o galardón á mellor ficción internacional, e o mellor documental internacional foi para El Somriure Amagat de Ventura Durall. O premio especial do público recaeu en Vicenta de Sam Orti Marti.

Curtas con participación galega no Palmarés de Curtocircuíto



Gañador 2 RTP - Onda Curta:


Gañador mellor animación Compostelae:


Finalista 2 do Premio Especial Mellor Curta Galega:


Finalista 3 do Premio Especial Mellor Curta Galega:


Gañador do Premio Especial Mellor Curta Galega:


Gañador Mellor Animación Internacional:


Premio do Público:
Palmarés de Curtocircuíto 2011.