Axenda das Letras

Multiplícanse as opcións para participar nos actos en homenaxe a Lois Pereiro

Chega o Día das Letras e é difícil escoller qué facer. Eventos por todo o país homenaxean a Lois Pereiro con concertos, proxeccións e todo tipo de actos. Achegámoste unha listaxe de propostas para que sexa máis sinxelo escoller. Non son, nin moito menos, todas as iniciativas previstas para este día, e dun xeito ou doutro, de certo que ben preto da casa hai onde se achegar ao poeta de Monforte.

A CORUÑA
20h Fundación Luís Seoane
Acto municipal de celebración do Día das Letras Galegas, coa presenza do alcalde e lectura de versos de Lois Pereiro
20h Centro Ágora.
Dramatización e performance a partir de textos de Lois Pereiro nun espectáculo coordinado por Carlos Neira e Antía Otero.
Presentación de Contra a morte documental de Iago Martínez e Alexandre Cancelo

FERROL
20:30h Teatro Jofre
Concerto das Letras Galegas a cargo de Roi Casal

LUGO
18h Centro de Convivencia Fingoi.
Actuación da coral Xeada polo Día das Letras.
18:30h Feira do Libro
Recital de poetas locais arredor de Lois Pereiro, coa participación de Xavier Rodríguez Barrio, Isidro Novo, Xerardo Quintiá, Xosé Miranda e Manuel Xosé Neira.

MONFORTE
A cidade convértese na capital das homenaxes a Pereiro ao acoller un plenario extraordinario da Real Academia Galega e os actos oficiais.
De 12 a 14h Praza de España.
Maratón de lectura de textos de Lois Pereiro.
12.15h Casa da Cultura.
Celebración do Plenario da RAG. Intervirán Margarita Ledo, Darío Xohán Cabana, Antón Santamarina, Luz Pozo Garza e Xosé Luís Méndez Ferrín.

PONTEVEDRA
20h Praza de Curros Enríquez
Acto Popular en Homenaxe a Lois Pereiro. Lectura de textos, actuación de corais e da Banda de Müsica.

SANTIAGO DE COMPOSTELA
12h Rúa do Vilar
Concerto da Banda Municipal de Música en homenaxe a Pereiro
13h Lectura de poemas de Lois Pereiro e actuación de Cantigas e agarimos, coa presenza do Alcalde.
17:30 Distribución de libros de Pereiro na Quintana.
19:30h Libraría Couceiro
O negro leite da aurora. Viaxe á xeografía lírica de Lois Pereiro, de José Luís Calvo e Carlos Gegúndez
20h Igrexa de San Domingos de Bonaval.
Concerto das Letras Galegas. Maximino Zumalave dirixe a Real Filharmonía de Galicia, que interpretará obras de Pascual Veiga ou Antonio Iglesias sobre textos de literatos galegos nun evento que organiza o Consello da Cultura Galega.
20h Recital de poesía na Casa das Asociacións. Actuación do Dúo Yunta Brava.
21h Salón Teatro.
Representación de Vento Lois, obra teatral dirixida por Lino Braxe arredor da figura e da obra de Pereiro.

VIGO
A partir das 10h Verbum
Gravacíon colectiva e aberta dun texto-poema de Pereiro.
19h Verbum
Espectáculo Poesía Última de LP, de Fantoches Baj.

MADRID
19h Centro Asociado UNED Escolas Pías
Conferencia sobre Lois Pereiro por Luis Luna e presentación do libro Madrid foi unha praia de baleas entre néboas.

TOKIO
19h Instituto Cervantes.
Espectáculo Tender a man mestura de danza, música e poesía, con Yolanda Castaño, Isabel de Nut e Branca Novoneyra entre outros.

ESTAMBUL
19h Instituto Cervantes
Conferencia de Antonio Ramos sobre a literatura galega contemporánea, proxección As armas da paixón, e recital poético de Lois en galego e turco.