Nunca se vira un Día das Letras tan multimedia. Do mesmo xeito que os músicos, son varios os creadores do audiovisual que se deixaron fascinar pola figura de Lois Pereiro. Documentais sobre a súa figura, propostas de videocreación e outros formatos mestúranse nunha auténtica marea de material filmado arredor do poeta. Benvidos ao cinema Pereiro.
Malia a que o nome de Pereiro quedou vencellado á literatura, non cabe dúbida de que o cinema era unha das súas grandes paixóns. Iago Martínez, director canda a Alexandre Cancelo do documental Contra a morte, lembra a intensa afección cinéfila do poeta. Xa desde adolescente lle gustaba moito. Atopamos testemuños que nos din que xa desde o bacharelato estaba subscrito a revistas de cinema, e que sabía películas de memoria. Logo vía tamén moitos filmes na televisión, que daquela pasaba bastante máis e mellor do que agora. A súa chegada a Madrid afianzou en Pereiro o seu interese pola Sétima Arte, tal e como recollen as súas biografías. Foi unha idade dourada para el nese aspecto. Non saía da Filmoteca Nacional, lembra Iago. Cineclubes e as salas da capital foron lugares habituais para o poeta nos anos que pasou alí. No entanto, sería ao voltar a Galicia cando a súa relación co audiovisual, aínda que dun xeito colateral, entraría no eido profesional. Realizou traducións para o sector, foi un dos poucos traballos que puido atopar cando voltou ao país. Da súa pluma saíron as versións galegas de guións de series coma Kung fu, Dallas ou O espantallo e a señora King. Tamén fixo bastante traballo neste sentido, como tradución guións de filmes porno. Hai unha anécdota que conta Suso Iglesias unha vez que durmiu no piso de Lois estivo a escoitar ruídos dunha actividade sexual desmedida durante horas no seu cuarto, e resultou que estaba a traducir o guión dunha película pornográfica. Para alén disto, quedou para a posteridade tamén a participación de Pereiro na curtametraxe Valle de lágrimas de Jorge Demetrio Rodríguez, na que se lle pode ver cun peculiar traxe de gaiteiro.
Atacarlle a vida
Como non podía ser doutro xeito, houbo profesionais do sector audiovisual que non se puideron substraer ao carácter icónico do personaxe como mostra dunha época. Deste xeito xurdiron varios proxectos de documentais centrados na figura do monfortino, por exemplo, o xa mentado Contra a morte. Segundo nos explica Iago Martínez, levounos case cinco anos de traballo, ao mellor podíase facer en menos pero foi o que tempo que lle dedicamos. Ao comezo ía ser unha biografía convencional, pero desenvolvemos unha investigación exhaustiva e vímonos con demasiada información. Entón fomos mudando aos poucos o foco, e finalmente deu nun relato colectivo daquela época, un retrato xeracional realizado de xeito moi impresionista. A TVG estrea, na súa segunda canle, a montaxe reducida desta demorada produción no propio Día das Letras, ás 22.45 da noite. Ademais, os directores están a desenvolver unha xira de presentacións na que amosan fragmentos deste material en diferentes actos de homenaxe a Pereiro. O propio día 17 estaremos no centro Ágora da Courña, e logo presentarémola tamén en Lavapiés o 21. De cara ao final do verán os directores prevén estrear a versión íntegra do seu proxecto, que queren proxectar en Monforte.
Pola súa banda, Lois vive é o título de traballo da outra longametraxe documental que retrata a vida de Pereiro neste ano. A produtora Mr. Misto contou con Gonzalo Enríquez para dirixir un proxecto no que, mediante entrevistas a amigos, familiares e estudiosos da figura de Pereiro, se percorre a súa traxectoria vital. De novo a estrea está prevista que se desenvolva nos vindeiros meses.
Audiovisual 2.0
No entanto, non cabe dúbida de que a grande novidade no tratamento audiovisual dado ao protagonista do Día das Letras deste ano vén da rede na forma de creación colectiva. Gravacións feitas por afeccionados ou organizadores recollen de xeito sistemático os recitais, concertos e actos na honra de Pereiro. Como a homenaxe que se lle tributou no Incio, os actos de Vento Lois ou a presentación da fotobiografía do poeta na Coruña. Destaca especialmente neste campo atopamos videocreacións como o recitado que fai Xurxo Souto do texto Declaración con imaxes de Fran Amil. Relacionado co documental de Mr. Misto sobre o autor atopamos tamén o videoclip da adaptación dun tema de Pereiro que realizou Manu Clavijo. Desde a Facultade de Ciencias da Comunicación da Coruña presentaban o domingo 15 o documental Agullas de ironía, e mesmo desde institutos e colexios chegan contidos audiovisuais co poeta como protagonista. Neste tipo de proxecto enmárcase por exemplo Lois Pereiro. As armas da paixón, un breve documental no que diferentes persoeiros repasan a vida e a obra do autor que realizaron desde os Colexio da Baña e dos Dices. Como material relacionado co mesmo, desde estos centros subiron entrevistas con Xosé Manuel Pereiro a falar do seu irmán Lois, así como con Antón Lopo, e Arturo Casas, así como varios recitados de poemas do autor. Ou a adaptación do poema Revisando os danos para a clase de Educación Física de alumnos de cinco anos que fixeron no CEIP Felipe de Castro de Noia. A estas propostas aínda se poden engadir contidos audiovisuais ou multimedia como os que acompañan a obra teatral Mundo Lois ou a exposición que preparou a Consellaría de Cultura sobre o autor.
Un momento diferente
Esta impresionante presenza do poeta nas máis variadas formas da expresión audiovisual, débese máis, para Martínez, a inercias e dinámicas culturais deste momento, non me semella que Lois sexa máis acaído ca outros personaxes para ser tratado neste medio. Coincide coa súa análise Gonzalo Enríquez. Dun xeito ou doutro, non cabe dúbida de que nos atopamos ante o máis multimedia dos homenaxeados das Letras Galegas dos últimos anos. Vista a súa afección polo cinema e o xeito no que o audiovisual está a se achegar a súa figura, cabe preguntarse se, de seguir por acó, non veriamos o Pereiro dos nosos días vencellado ao sector das imaxes en movemento.