Como é habitual nos últimos anos, os supermercados Gadis súmanse á celebración do dÃa das letras distibuÃndo nos seus establecementos bolsas con textos dos autores homenaxeados. Desta volta será Transmigración, un poema de Lois Pereiro que se imprimirá sobre dous millóns de exemplares. Ademais, a empresa editou o libro Cociñando ao pé da letra no que diferentes literatos amosan visións creativas das súas receitas favoritas. Pola súa banda, sumándose ás celebracións desta data, o Museo do Pobo organizou unha exposición biobibliográfica na que se poderán ver orixinais do poeta canda a publicacións da institución e outras achegadas polos seus socios.