Xosé María Álvarez Castro, autor do poemario Nimbos será o protagonista da III Festa da Palabra, que organiza o PEN Clube de Galicia. O evento celebrarase, como nas edicións anteriores na Ínsua dos Poetas, no límite entre os concellos do Irixo e do Carballiño. Desta volta o presidente da Real Academia, Xosé Luís Méndez Ferrín, actuará como mantedor, e o acto incluirá a inauguración dunha escultura de Xosé Cid sobre o poema Penélope, de Díaz Castro, así como de lecturas de poemas deste autor e mais dun xantar dos literatos participantes con veciños da zona. Na actualidade está a se constituír a Fundación Ínsua dos Poetas, que pretende coordinar as actividades nestes espazo así como vencellar protección ambiental e mais creación.