O Verbum acolle unha mostra temporal dedicada a Lois Pereiro

O centro acollerá unha das sesións de Vento Lois o mesmo día da inauguración

Imaxe da mostra <i>Lois Pereiro. Lírica punk</i>
Imaxe da mostra Lois Pereiro. Lírica punk
Co título Lois Pereiro. Lírica punk o museo Verbum-Casa das palabras de Vigo abre o vindeiro 12 de maio ás 20 horas unha exposición temporal dedicada ao poeta. O proxecto parte da metáfora do tren, habitual na obra deste autor, para facer un percorrido pola súa obra e o contexto no que se desenvolveu. A coincidir coa apertura, o centro acolle un dos actos do Vento Lois, no que se lerá o manifesto desta iniciativa e distintos poemas do autor a cargo do crítico literario Ramón Nicolás e do escritor Marcos Calveiro.