Laiovento súmase á listaxe de publicacións que teñena a Lois Pereiro como protagonista. Lois Pereiro. A urxencia poética dun futuro alleo é a achega biográfica que realiza Mercedes Queixas. A obra, orientada para públicos non especializados, fai un percorrido pola vida e os lugares vencellados ao autor e propón unha lectura actual do seu traballo. Poa súa banda, Miguel Mato escribiu Transgresión e fraxilidade. Un retrato literario de Lois Pereiro, unha achega á obra deste autor que aposta pola linguaxe como eixe do seu traballo. O libro que Queixas preséntase ás 20h de hoxe na LibrarÃa Couceiro, mentres o de Mato dáse a coñecer no mesmo momento na sede da Asociación Cultura Alexandre Bóveda da Coruña.