Só un 2,4% dos libros que se publicaron no estado en 2009 sairon no noso idioma. Asà o aseguran os datos da Panorámica da edición española de libros, informe publicado pola Dirección Xeral do Libro, Arquivos e Bibliotecas do Ministerio de Cultura. No mesmo informe saliéntase, no entanto, que o galego é a terceira lingua na que se editan máis libros electrónicos en todo o estado. Precisamente este xeito de publicacion medrou case un 50% no perÃodo estudado, mentres a de papel descendÃa un 1%. Os datos presentados baséanse nos libros editados cun ISBN (International System Book Number) que os identifica.