Para ler a Pereiro

A Biblioteca de Estudos Locais da Coruña publica unha guía de lectura sobre o poeta

Unha completa listaxe de referencias para se achegar a Lois Pereiro. A Biblioteca Municipal de Estudos Locais da Coruña publicou, seguindo o seu costume anual, Lois Pereiro. Día das Letras Galegas 2011 unha guía de lectura na que, canda a apuntes biográficos do autor, achegan unha ampla listaxe de artigos, poemas e textos seus canda a todas as referencias, tanto en monografías como en revistas e outras publicacións sobre el que están dispoñible.

Para rematar, poden lerse diferentes fragmentos que reflicten a presenza da Coruña na súa vida e obra. No local da biblioteca pode visitarse a mostra bibliográfica Lois Pereiro e o posmodernismo coruñés que achega publicacións desta época, e o día 20 ás oito da tarde celebrarase a sesión Unha tarde con Lois Pereiro na que participarán Mercedes Queixas e o cantante Manu Clavijo.
Guía de lectura sobre Lois Pereiro da Biblioteca Municipal de Estudios Locais da Coruña.