Un folletÃn 2.0 publicado en Facebook no que o público pode opinar e comentar e que ademais incorpora contidos multimedia. Esta é a proposta que fai Camilo Franco con Balada triste de moqueta, un relato seriado que se pode ler tamén no web do pub compostelán Casa das Crechas e que realiza unha ácida crónica da campaña electoral en curso. O autor adianta que en breve o proxecto collerá novos rumbos con vistas a aproveitar mellor as posibilidades das redes sociais.