Tira de La vida de los gorriones de Ana López e Jaime Eizaguirre
Logo de ter publicado unha obra Ãntegra na rede, Pepe Mansilla continúa a apostar por Internet para difundir o seu traballo e ten en marcha o blog
Paradiños. Promocionado como
A única tira con máis de 200.000 protagonistas o web permite ler unha serie de tiras cómicas centradas nas situacións do paro. Pola súa banda, Jaime Eizaguirre continúa tamén a apostar pola rede e no blog Ana+Eiza desenvolve canda a Ana López diferentes series de humor gráfico e BD como
Cucas, ratas y rulas,
La apasionante vida de tus dientes ou
La apasionante vida de los gorriones. Canda a eles,
Golfinia o novo web dedicado ao personaxe Golfiño, achega diferentes historias curtas do personaxe de Fausto Isorna. Pola contra, a publicación por entregas da serie
Vacaciones en la batea, de Mariano Casas queda adiada e retomarase nun único pdf para a libre descarga. Para rematar, Xastriño, colaborador habitual da sección BD de Culturagalega.org, ten en marcha no seu blog o proxecto 365, no que vai publicando ilustracións, cadriños e algunha BD ocasional.