O premio Roberto Vidal Bolaño, que outorga anualmente o coletivo Redes Escarlata, foi este ano para AgustÃn Fernández Paz e mais para a Coordinadora de Equipos de Normalización LingüÃstica. O galardón, que recoñece o traballo pola defensa da identidade do paÃs ou da clase traballadora, recoñece o xesto de Fernández Paz ao renunciar ao Premio da Cultura que lle outorgara a Xunta de Galicia, e mais o traballo diario dos Equipos de Normalización a defender a nosa lingua nos centros de ensino. Pola súa banda, Emma Pedreira fÃxose co premio de poesÃa Concello de Carral coa súa obra Libro das mentiras. A obra sairá publicada na editora Espiral Maior e Pedreira farase cos 2.000 euros do galardón.