Son preto de 140 páxinas de entrevistas, recensións ou crÃticas desde os anos oitenta. O arquivo de poéticas contemporáneas na cultura, Poesiagalega.org recupera todo o material que ten acumulado sobre Lois Pereiro e achéganos auténticos tesouros. Artigos, gravacións audiovisuais e de audio, entrevistas ou fotografÃas achégannos de xeito diferente ao homenaxeado deste DÃa das Letras.
Segundo explica Arturo Casas, responsable deste proxecto, “O que facemos é aproveitar a documentación que xa temos integrada na nosa base de datos e xuntámola de xeito que a xente o pode atopar facilmente. Ademais, realizamos unha edición deste material en formato pdf para libre descarga, con preto de 140 páxinas”. AÃnda que recoñece que “ata este ano a produción crÃtica sobra el era relativamente escasa, hai un monográfico de Luzes da Galiza, outro de Dorna e diferentes recensións”.
Entre o material que recompila o equipo de Poesiagalega.org, atopamos catro entrevistas co propio Pereiro realizadas entre 1985 e os anos noventa que permiten coñecer mellor a figura do poeta. “a posibilidade de que os lectores accedan a estas entrevistas paréceme moi interesante. Nelas o autor fala da súa poesÃa, de Galicia e mesmo do seu público”. Canda a isto, recupéranse recensións sobre a súa obra publicadas en xornais ou en revistas de poesÃa que hoxe son difÃcis de atopar, o que nos permite coñecer polo miúdo a recepción da obra de Pereiro na súa propia época.
Ademais de textos, o repositorio inclúe videos de diferentes actos sobre o poeta, como o recital de aniversario do grupo De amor e desamor. Ademais, hai fotografÃas, e mesmo o arquivo de sons que recolle ao propio Pereiro recitando no pub Moca da Coruña en 1996. Canda á posibilidade de acceder a estes materiais a través da propia web, o Grupo Alea de Análise Poética publicou un PDF no que recolle tanto os textos como as referencias ás entradas audiovisuais.
Lois Pereiro. Achegas crÃticas en pdf.Segundo explica Arturo Casas, responsable deste proxecto, “O que facemos é aproveitar a documentación que xa temos integrada na nosa base de datos e xuntámola de xeito que a xente o pode atopar facilmente. Ademais, realizamos unha edición deste material en formato pdf para libre descarga, con preto de 140 páxinas”. AÃnda que recoñece que “ata este ano a produción crÃtica sobra el era relativamente escasa, hai un monográfico de Luzes da Galiza, outro de Dorna e diferentes recensións”.