Mentres Mundolois o espectáculo producido por Antón Reixa e con dirección de Lino Braxe, xorden novas propostas para achegarse á figura de Lois Pereiro desde as táboas. O pasado xoves presentábase na Deputación de Lugo Iluminado pola morte. Lois Pereiro, a cargo de Pailamoco Teatro. O proxecto consiste nunha representación teatral de rúa aberto á participación cidadá que amosa a vida e a obra do homenaxeado no dÃa das letras a través de poemas e de música. Pola súa banda, a compañÃa Fantoches Baj presenta PoesÃa Última de LP unha proposta de teatro obxectual na que se narran en primeira e terceira persoa os dous últimos anos da vida do poeta. Sons, músicas e letras mestúranse nesta orixinal iniciativa.