Desde a folla que se colle cos dedos e pola que se sopra para producir un asubÃo ata as gaitas con varios roncóns hai toda unha serie de pasos evolutivos. Hai anos que Xabier Blanco investiga e recupera todos eses elos, desde as cunchas á zanfona diatónica. Un dos seus maiores logros foi reconstruÃr a gaita de cana de Moaña, un antecendente directo da “actual”.
Empregar cana en lugar de madeira para facer unha gaita sóanos coma algo excéntrico a dÃa de hoxe. E sen embargo, durante moitos séculos as gaitas fixéronse asÃ. De feito, a primeira descrición dunha gaita, no século XI, fala dela coma un instrumento feito de pel con dúas canas (“corus est pellis simplex cum duabus cicutis”, din os documentos que se conservan en Winchester), e aÃnda ata o século XIX esta variedade do instrumento era empregada para practicar por abondosos gaiteiros e mesmo por quen non tiña cartos abondo para adquirir unha das xa coñecidas de madeira. A gaita de cana que se pode considerar un paso anterior á “moderna”, consiste nun fol do que saen un punteiro cilÃndrico e un pequeno pallón no que se producÃa o son, ambos feitos de canas furadas.
Gaiteiro en Moaña
En Moaña existÃa unha variedade desta gaita que era empregada con certa asiduidade para pasar o tempo mentres se levaba o gando a pastar. Esta é a variedade que recuperou Xavier Blanco, un músico e luthier que recupera instrumentos que corrÃan o risco de ficar esquecidos na nosa tradición. Preguntándolle ós máis vellos da zona e comparando as informacións que recollÃa coa documentación existente sobre instrumentos parecidos, Xavier foi probando e acadou reconstruÃr un instrumento que xa Ãa para cen anos que non se oÃa polos montes do Morrazo. Segundo recoñece el mesmo, “existen outras gaitas feitas con canas en Galicia”, pero a de Moaña presenta peculiaridades. Vai para un ano publicou un disco no que se pode apreciar o son deste instrumento, máis suave e máis doce que o da gaita tradicional. Onda a gaita, pódense escoitar todo tipo de instrumentos da zona recuperados por este artesán interpretando temas tamén recollidos entre os máis vellos do lugar.
Algo máis que gaitas
Ademais da gaita de cana, Xavier ten recuperado instrumentos coma a zanfona diatónica, a medio camiño entre o organistro medieval e a zanfona actual; ou a peneira como instrumento de percusión. En todos os casos é el quen asume todos os traballos artesanais necesarios para traer do pasado estes sons. Ten publicados varios traballos sobre os trebellos máis básicos que se empregaban para facer música na sociedade tradicional. Por exemplo, en “Toques, asubÃos e cantores” explica como construÃr e empregar desde as tellas ata o punteiro de cana. Noutros traballos explica os traballos en pel necesarios para construÃr instrumentos, e mesmo entra no terreo antropolóxico para describir festas particulares da zona coma as propias do mar (“Festas de faena e botifora”), os refráns ou as danzas gremiais. Para el a principal fonte de información son os maiores, que “lembran moi ben a música e os sons”. Despois é cousa de pasar moitas horas de soidade no obradoiro dándolle forma fÃsica a esa información ata chegar ó instrumento.
A tocar ó Concello
De tan novo lle viña o interese a Xavier que acadou ser o primeiro profesor de gaita que formou parte do cadro de persoal dun concello (o de Moaña, por suposto), cando só tiña dezaoito anos, é dicir hai uns quince anos. Desde entón leva a Escola Obradoiro de Instrumentos Musicais Tradicionais e ensina a tocar a gaita a asociacións e particulares de todo o concello, chegando na actualidade a ter uns trescentos alumnos, o que aÃnda é unha boa canteira. Pola escola municipal pasaron nomes agora coñecidos coma Xosé Manuel Budiño, Iván Costa ou Anxo Lorenzo (gaiteiro de EspÃritu 986) entre moitos outros.
Profeta na terra
Coma tantos outros, Xavier Blanco láiase de que hai máis interese fóra do que na casa polos instrumentos que recupera. Segundo el, en Galicia búscase unha suposta perfección técnica que leva a esquecer os instrumentos máis primitivos e con máis limitacións á hora de facer música. É o caso da gaita ou da zanfona que recuperou, xa que a afinación que levan é a diatónica e non a cromática empregada na actualidade. Mentres en Galicia o seu traballo acada moi pouco eco, o disco que publicou cunha discográfica de Madrid (logo de ofrecelo a varias do paÃs) xa vendeu cinco mil copias. Ademais os seus instrumentos son solicitados por moitos afeccionados pero el non os fabrica para a venda “porque non hai tempo”. Dentro do seu traballo de difusión da música e dos instrumentos tradicionais ofrécese para realizar actuacións coa súa gaita alá onde sexa requirido e reclama máis atención das institucións as tradicións do paÃs, un tema “no que somos potencia a nivel europeo” xa que posuÃmos “un dos folclores máis ricos do continente”. E mentres investiga algún novo-vello instrumento do que non quere falar polo de agora, prepara o seu grande proxecto: a reconstrucción dos instrumentos do Pórtico da Gloria, un traballo para anos como el mesmo recoñece.