Música e Cidade é o lema da terceira edición do ciclo Sons Creativos que se vai desenvolver en Lugo os vindeiros 20 e 21 de maio. O encontro, organizado no marco da iniciativa Lugo Cultural, pretende servir de punto de encontro para compositores e músicos internacionais de vangarda. O programa desta edición inclúe un concerto coa participación de José Luis Carles e Cristina Palmese, EfraÃm DÃaz, Pilar Cabeza, Elena Hidalgo, Antonio Alcázar e mais alumnos de Miguel Molina e do Grupo de Creación Musical da USC, asà como mesas redondas sobre paisaxes sonoros ou música, cidade e pedagoxÃa. De xeito paralelo, está a se celebrar tamén en Lugo o VII Curso de Primavera da Facultade de Humanidades. Co lema Sub Urmen:
historia, sociedade e cultura da cidade diferentes especialistas abordan o papel das cidades ao longo da historia, con aspectos como a arquitectura, a alimentación ou a pegada das urbes na Idade Media galega.