Vinte anos e máis de oitocentos números publicados. Estas son as cifras que marcan a traxectoria da Revista das Letras suplemento cultural primeiro de El Correo Gallego e agora de Galicia Hoxe. Con ocasión do seu aniversario, a publicación prepara unha serie de sete monográficos que se inician este mesmo xoves, que tratarán temas como a obsolescencia programada, o traballo de Herminio Barreiro, as revoltas árabes ou a reformulación da teorÃa crÃtica contra o capitalismo. Ademais, a coincidir co DÃa das Letras sairá un especial sobre Lois Pereiro e outro no que se falará sobre a xeografÃa monfortina do autor.